Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1998, da Dirección Xerencia do Hospital Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público 14/1998, trámite urxente, polo procedemento aberto, para subministración de lencería, roupa e vestiario.

A Dirección Xerencia do Hospital Provincial de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG 111, do 6 de xuño),

sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento:

Contratación de: adquisición de lencería, roupa e vestiario que se detalla no prego de prescricións técnicas.

Orzamento estimado: 12.649.400 ptas., quedando segundo lote:

Lote 1: 3.900.000 ptas.

Lote 2: 1.125.000 ptas.

Lote 3: 1.200.000 ptas.

Lote 4: 1.600.000 ptas.

Lote 5: 2.557.500 ptas.

Lote 6: 1.120.000 ptas.

Lote 7: 568.500 ptas.

Lote 8: 578.400 ptas.

Prazo de execución:

Desde a data de sinatura do contrato, tendo un mes como prazo de entrega máximo.

Forma de adxudicación:

Procedemento aberto por medio de concurso público nº 14/98, trámite urxente.

Admisión de variantes:

Os licitadores poderán introducir nas súas proposicións varias alternativas que, co mesmo ou distinto prezo, pero sempre igual ou inferior ó orzamento de licitación, incorporen, para a prestación da subministración, solucións distintas das definidas nas prescricións técnicas, nos artigos e especificacións que expresamente se admitan nas citadas prescricións.

Solvencia económica e financeira:

Acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos da Administración pública.

Solvencia técnica:

Acreditarase polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos da Administración pública.

Fianza provisional: 252.988 ptas., quedando segundo lote:

Lote 1: 78.000 ptas.

Lote 2: 22.500 ptas.

Lote 3: 24.000 ptas.

Lote 4: 32.000 ptas.

Lote 5: 51.150 ptas.

Lote 6: 22.400 ptas.

Lote 7: 11.370 ptas.

Lote 8: 11.568 ptas.

Criterios de adxudicación:

-Prezo ofertado: ata 40 puntos.

-Calidade de materiais: ata 40 puntos.

-Prazo de entrega: ata 20 puntos.

Documentación de interese para os licitadores:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de subministracións e contratacións do Hospital Provincial de Pontevedra, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tfno: 986 86 23 63 e fax: 986 84 79 41)

Presentación de proposicións:

Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviarse por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 986 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións:

Terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Hospital Provincial de Pontevedra ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores:

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios:

O pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Pontevedra, 18 de maio de 1998.

Alfredo García Iglesias

Director xerente do Hospital Provincial

de Pontevedra

5394