A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o concurso público nº 9817, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:
Obxecto e orzamento: a adquisición de vendas, xiringas, agullas e campos cirúrxicos, para cubrir necesidades do hospital, repartido en trinta lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente, por un orzamento total de 13.619.911 ptas. IVE incluído.
Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse conforme a demanda do Servicio de Subministracións.
Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescripcións técnicas, e demais documentación complementaria, poderá ser solicitada na sección de concursos do Hospital Montecelo, lugar de Mourente, s/n. 36071 de Pontevedra, nos días laborables desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono 986 80 00 17, ou fax 986 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.
Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación de cada lote, ó que se licite, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia económica e financeira: as empresas licitadoras acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.
Solvencia técnica: acreditarase por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.
Criterios de adxudicación: os estipulados na folla de especificacións (p7).
Clasificación: non se esixe.
Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Montecelo, antes das catorce horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Montecelo, ás dez horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de claúsulas administrativas particulares.
Variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios.
Pontevedra, 25 de maio de 1998.
Rafael Pérez-Santamarina Feijóo
Dirctor xerente do Hospital Montecelo
de Pontevedra
5395