Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de maio de 1998 pola que se lle outorga a Remagro, S.A., con NIF A-36.182.087, o permiso de actividade para centro de expedición na estrada da Lanzada a San Vicente, número 27, O Grove (Pontevedra).

Visto o expediente iniciado por instancia de Manuel Meis Cacabelos, no nome e representación da entidade mercantil Remagro, S.A., con NIF A-36.182.087, na que solicita permiso de actividade para centro de expedición nas instalacións que a citada empresa posúe, O Grove (Pontevedra), autorizadas como estación depuradora de moluscos, cetaria e criadoiro de moluscos, e con vixencia ata o 16-1-2006.

Tendo en conta que se procedeu á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e o Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os estable

cementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre.

Vistos os informes que figuran no expediente, así como a proposta do 11-5-1998 da Delegación Territorial de Vigo, logo do informe do Servicio Técnico-Xurídico, esta consellería,

RESOLVE:

Outorgarlle a Remagro, S.A. con NIF A-36.182.087, permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun centro de expedición (establecemento auxiliar de cultivos mariños) nas instalacións autorizadas á dita empresa, como estación depuradora de moluscos, situada na estrada da Lanzada a San Vicente, nº 27, O Grove (Pontevedra), baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade, que terá vixencia desde a publicación da presente orde no DOG ata o 16-1-2006, poderá ser prorrogado discrecionalmente por un prazo igual ó da estación depuradora de moluscos, por petición do interesado realizada nos sesenta (60) días anteriores ó remate da vixencia.

Segunda.-A presente autorización non implica modificación na estructura, distribución da nave nin do dominio público marítimo-terrestre ocupado, sinalados na orde de outorgamento da estación depuradora.

Terceira.-O permiso de actividade ó que se refire esta orde extinguirase polo incumprimento dalgunha das súas condicións e nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Cuarta.-O titular quedará obrigado ó cumprimento do disposto na Lei 9/1993, de pesca de Galicia, citada, así como o Decreto 193/1997, do 5 de xuño publicado, e no Real decreto 308/1993, do 26 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento técnico-sanitario que fixa as normas aplicables á comercialización de moluscos bivalvos vivos.

Quinta.-O outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións que de acordo coa lexislación vixente sexan procedentes.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo na forma e prazo previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

4964