Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 11 de xuño de 1998 Páx. 6.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación das obras de remodelación da enfermería da residencia da terceira idade Torrente Ballester (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Servicios Sociais - Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: remodelación da área de enfermería da residencia da terceira idade Torrente Ballester.

b) Lugar de execución: r/ Adormideras, s/n - A Coruña.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación: vintetrés millóns seiscentas oito mil catrocentas dúas pesetas (23.608.402 ptas.).

5. Garantías:

Provisional: exenta (ver cláusula 8.3.6 do prego de cláusulas).

6. Obtención de documentación e información:

6.1. Información:

a) Entidade: Consellería de Sanidade e Servicios Sociais. Subdirección Xeral de Administración e Inspección de Servicios Sociais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n - Edificio Pirámide.

c) Localidade: 15771 - Santiago de Compostela; Tel.: 981 54 56 77.

6.2. Documentación:

a) Teléfono: 981 59 03 02.

b) Domicilio: r/ Rosalía de Castro, 58 - Santiago de Compostela (A Coruña).

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría d).

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2º Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n - 2ª planta.

3º Localidade: Santiago de Compostela 15771.

9. Apertura de ofertas:

a) Entidade: Dirección Xeral de Servicios Sociais (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificio administratio San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó de remate de presentación de ofertas; se coincide en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1998.

P.D. (Orde 21-4-1998)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

4963