Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación das propostas de resolución que formula a instructora dos expedientes sancionadores de pesca fluvial que se citan, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei de 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, as propostas de resolución dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 51, do 5 de agosto).

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, 4-6 baixo e pre

senta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

Vistas tódalas actuacións, o órgano competente por razón do tipo de infracción presuntamente cometida, consonte o establecido no artigo 12 da LRXPA e no 40.3º la Lei 7/1992, de pesca fluvial, dictará a resolución que será notificada oportunamente.

Ourense, 22 de abril de 1998.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 207/97 P.

Nome a apelidos do denunciado: Julio Rodríguez Pérez.

Último enderezo coñecido: Moimenta-Celanova-Ourense.

Feito denunciado: non respectar prescricións.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Sanción proposta: 25.000.

4630