Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.445

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de abril de 1998, de Delegación Provincial de Ourense, de notificación de apertura dos expedientes sancionadores de caza, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (LRXPA), notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de caza 1/1970, do 4 de abril (BOE do 6 de abril) e do seu regulamento, Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE do 30 de marzo). Así mesmo, designo instructora dos expedientes a María Rosa Rodríguez Cougil quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes, cando concorra calquera dos supostos determinados nos artigos 28 e 29 da LRXPA.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6 baixo, Ourense, e presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentar alegación no prazo fixado e consonte o artigo 13 do Regulamento 1398/1993, do 4 de agosto, de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará a terminación do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera outra dependente da Xunta de Galicia, ó pagamento voluntario da sanción que en cada caso corresponda. Todo iso sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que establece a lexislación aplicable e vixente, e ó abeiro do artigo 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los sinalados procedementos, dentro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, virá determinado polo tipo de infracción cometida, segundo o artigo 12 da LRXPA e no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Ourense, 22 de abril de 1998.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 88/97 C.

Nome e apelidos do denunciado: Óscar Rubén Álvarez Doval.

Último enderezo coñecido: rúa Bedoya, 24-26, 5º D, Ourense.

Feito denunciado: cazar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: 48.2º.1 do Regulamento de caza.

Sanción proposta: 3.500.

Instructora: Mª Rosa Rodríguez Cougil.

Nº expediente: 109/97 C.

Nome e apelidos do denunciado: José González Lamenlas.

Último enderezo coñecido: rúa dos Remedios, 46 baixo, Ourense.

Feito denunciado: cazar sen posuí-lo seguro obrigatorio.

Precepto infrinxido e sancionador: 48.3º.53 do Regulamento de caza.

Sanción proposta: 2.000.

Instructora: Mª Rosa Rodríguez Cougil.

Nª expediente: 129/97 C.

Nome e apelidos do denunciado: Manuel Botana Bello.

Último enderezo coñecido: Cacheiras Rajo, 113, Teo (A Coruña).

Feito denunciado: cazar sen licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: 58.2º do Regulamento de caza.

Sanción proposta: 100.001.

Instructora: Mª Rosa Rodríguez Cougil.

4587