Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación das resolucións dos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de pesca fluvial, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán de seguido, resolucións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de pesca fluvial 7/1992, do 24 de xullo (DOG nº 151, do 5 de agosto).

O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta 44030/003918-8 da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, empregando o impreso oficial que se facilitará en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da presente notificación, agás a presentación do recurso pertinente; no caso contrario, procederase ó seu cobramento pola vía executiva.

Faise constar que para obter ou renova-la licencia de pesca, será requisito imprescindible acreditar ter aboada a multa que corresponda, unha vez sexa firme a resolución.

Contra esta resolución caberá interpoñer recurso ordinario no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da presente publicación, perante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. De non se-lo caso, aquela adquirirá firmeza para tódolos efectos.

Ourense, 22 de abril de 1998.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 6/97 P.

Nome e apelidos do denunciado: José Inocencio Araújo Dacal.

Último enderezo coñecido: Malgrat, 89-91, 3-3 Barcelona.

Feito denunciado: non respectar prescricións.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Sanción imposta: 25.000.

Nº expediente: 18/97 P.

Nome e apelidos do denunciado: Joaquín Rodríguez Martínez.

Último enderezo coñecido: Avda. Cid, 72, Burgos.

Feito denunciado: non respectar prescricións.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.

Sanción imposta: 25.000.

Nº expediente: 173/97 P.

Nome e apelidos do denunciado: Hernando Javier Novoa Rodríguez.

Último enderezo coñecido: Avda. Santiago, 7-2º, Ourense.

Feito denunciado: pescar en zona acoutada sen autorización.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.10º da Lei de pesca fluvial.

Sanción imposta: 50.001.

Nº expediente: 174/97 P.

Nome e apelidos do denunciado: Germán Arturo Novoa Rodríguez.

Último enderezo coñecido: Avda. Santiago, 7-2º, Ourense.

Feito denunciado: pescar en zona acoutada sen autorización.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.10º da Lei de pesca fluvial.

Sanción imposta: 50.001.

4586