Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira de calcarias e dolomía Miragres.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199,

do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de explotación da canteira de calcarias e dolomía Miragres, situada no concello de Mondoñedo, provincia de Lugo.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

* Concello de Mondoñedo.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

4585