Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 7 de maio de 1998, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004890/1998, interposto por José Rodríguez Fernández.

Con data do 27 de abril de 1998, o presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra recibe da sección segunda da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Providencia do día 21 de abril de 1998 pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 02/0004890/1998 interposto por José Rodríguez Fernández contra resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común con data do 10-11-1997, sobre clasificación como veciñal en man común dos montes Pozas de Eimonde e outros, da parroquia de Petelos, concello de Mos.

De conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, esta presidencia acordou a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que quedan emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma nos autos na Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Pontevedra, 7 de maio de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Pontevedra

4970