Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (183/1995).

No procedemento de cognición 183/1995 seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela por instancia de Pastor Servicios Financieros, Entidad de Finan

ciación, S.A. contra Carmen Prado González e Domingo Pires Nestal sobre cognición, dictouse a sentencia que, copiada no seu encabezamento e resolución, é como segue:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o cinco de febreiro de mil novecentos noventa e oito. Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, tendo vistos os presentes autos de cognición nº 183/1995, seguidos ante este xulgado, entre as partes, dunha como demandante Banco Pastor Servicios Financieros, Entidad de Financiación, S.A. co procurador Ricardo García-Píccoli Atanes, e doutra, como demandados, Carmen Prado González e Domingo Pires Nestal, este para os únicos efectos do artigo 144 do regulamento da Lei hipotecaria,

Decido que, estimando a demanda presentada polo procurador Ricardo García-Píccoli Atanes, en nome e representación de Pastor Servicios Financieros, Entidad de Financiación S.A., contra Carmen Prado González, condeno a demandada a lle pagar á demandante a cantidade de duascentas cincuenta e dúas mil trescentas vinteunha pesetas (252.321 ptas.) que por principal e xuros lle debía ó día 21 de abril de 1995, máis os xuros de demora que se orixinen ó tipo pactado, ata o día do seu pagamento efectivo, con expresa imposición á demandada das custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispón o artigo 733 da Lei de axuizamento civil».

E co fin de que lles sirva de notificación en forma ós demandados Carmen Prado González e Domingo Pires Nestal, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dez de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O/A secretario/a

Rubricado

5274