Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998 pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, actuando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias, segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los siguintes contratos:

-Contratación, en réxime de concesión, do servicio de cafetería no edificio administrativo da Xunta de

Galicia en Lugo, convocada mediante concurso público aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública de 30 de xaneiro de 1998, publicada no DOG nº 23 do 4 de febreiro do mesmo ano.

Adxudicatario: Sociedad Asturiana de Explotaciones Turisticas y Hoteleras (SADETYH), S.L.

-Contratación do servicio de seguridade no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, convocado mediante concurso público aberto, mediante expediente anticipado de gasto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, de data do 17 de marzo de 1998, publicada no DOG nº 56, do día 24 de mesmo mes e ano.

Adxudicatario: Grupo Cetssa Seguridad, S.A.

Importe: 13.089.423 pesetas, IVE incluído.

O que se fai público para efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1998.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

5368