Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 1998 pola que se anuncia a adxudicación de varios contratos.

Por resolucións do secretario xeral, acutando en nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de compentencias, segundo a Orde do 13 de febreiro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

Contratación dunha asistencia técnica de deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas no sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de marzo de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia do 8 de abril do presente ano.

Adxudicatario: Coritel.

Importe: 8.918.080 pesetas, IVE incluído.

Contratación dunha asistencia técnica de deseño, desenvolvemento e implantanción de aplicacións complementarias integradas no sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, corrrespondentes á Consellería da Presidencia e Administración Pública, convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de mar

zo de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 8 do presente ano.

Adxudicatario: Idom.

Importe: 7.614.960 pesetas, IVE incluído.

Contratación dunha asistencia técnica de deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas no sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, Rexistro Central de Asociacións, convocada por concurso aberto, por resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de marzo de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 8 de abril do presente ano.

Adxudicatario: Altia Consultores, S.L.

Importe: 7.254.000 pesetas, IVE incluído.

Contratación dunha asistencia técnica de deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas no sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, convocada por concurso aberto, pro resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de marzo de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 8 de abril de presente ano.

Adxudicatario: Coremain, S.L.

Importe: 25.019.400 pesetas, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 1998.

P.D.(Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

5227