Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (215/1998).

En virtude do acordado por Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, en resolución desta data, dictada en autos de proceso de familia seguidos neste xulgado co número 215 de 1998, por instancia de José Manuel López Castro, representado pola procuradora Sánchez Silva, por medio da presente cédula emprázase á esposa demandada, Silaydis Mairene García Noguera, maior de idade, na actualidade en paradoiro descoñecido, para que no improrrogable termo de vinte días compareza en autos, en forma e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de ser declarada en rebeldía e non facerlle outras notificacións cás sinaladas na lei. Fáiselle saber que as copias da demanda e dos documentos se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado.

E para que lle sirva de emprazamento en forma á referida demandada, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de maio de 1998.

Gonzalo J. Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

5265