Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.429

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 1998 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza 96/1997 de profesorado desta universidade convocada por Resolución do 5 de setembro de 1997.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 5 de setembro de 1997 (BOE do 24) e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 22 de maio de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Nº praza: 86/1997.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: educación física e deportiva.

Comisión titular:

Presidente: Luis Pablo Rodríguez Rodríguez.

Catedrático de universidade.

Universidade Complutense de Madrid.

Vocal secretario: Mariano Marín Redondo.

Profesor titular de universidade.

Universidade de Zaragoza.

Vocais: Julio Legido Arce.

Catedrático de universidade.

Universidade Complutense de Madrid.

Manuel Delgado Fernández.

Profesor titular de universidade.

Universidade de Granada.

Alberto Hidalgo de Caviedes y Gortiz.

Profesor titular de universidade.

Universidade de Alcalá de Henares.

Comisión suplente:

Presidente: Antonio Martín Moreno.

Catedrático de universidade.

Universidade de Granada.

Vocal secretario: Marcos Gutiérrez Dávila.

Profesor titular de universidade.

Universidade de Granada.

Vocais: Jaume Cruz Feliu.

Catedrático de universidade.

Universidade Autónoma de Barcelona.

José Antonio Santos del Campo.

Profesor titular de universidade.

Universidade de Granada.

Nicolás Martín Llaudes.

Profesor titular de universidade.

Universidade de Granada.

5085