Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.426

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 29 de maio de 1998 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de dez postos de traballo vacantes na Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 de

abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo.-Poderán concorrer a eles os funcionarios de carreira que reúnan as condicións sinaladas no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar na presente convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude (edificio administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán unirlle á petición un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. No caso de que resulten seleccionados para ocupa-los postos de traballo que se anuncian no anexo I desta orde funcionarios con destino na Administración xeral do Estado, nos seus organismos autónomos, na Administración da Seguridade Social, ou que estean nesta Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º, da Lei 30/1984, do 2 de agosto, requirirase informe favorable da Administración de orixe que, de non emitirse no prazo de 15 días e tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, considerarase favorable. Unha vez tramitado o seu traslado a esta Comunidade Autónoma, procederase á adxudicación do posto para o que foi seleccionado.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade ca do novo destino, e dun mes, se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique

a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no DOG.

Oitavo.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, comunicándolle previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

-Denominación do posto: Servicio Administrativo de Centros.

Código: FA.C02.00.001.15770.024.

Nivel: 28.

C. Espec.: 1.673.520.

Grupo: A/B.

Corpo/Escala: xeral.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

-Denominación do posto: Servicio de Orientación Laboral.

Código: FA.C04.00.002.15770.064.

Nivel: 28.

C. Espec.: 1.673.520.

Grupo: A/B.

Corpo/Escala: xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Localidade: Santiago de Compostela.

-Denominación do posto: secretario/a do director/a xeral.

Código: FA.C05.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

C. Espec.: 535.524.

Grupo: C/D.

Corpo/Escala: xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Fomento do Emprego.

Localidade: Santiago de Compostela.

-Denominación do posto: Subdirección Xeral de Promoción da Economía Social e da Contratación.

Código: FA.C05.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

C. Espec.: 2.275.968.

Grupo: A.

Corpo/Escala: xeral.

Formación específica: diploma de directivo.

Dependencia: Dirección Xeral de Fomento do Emprego.

Localidade: Santiago de Compostela.

-Denominación do posto: Servicio de Xestión de Escolas Obradoiro.

Código: FA.C05.00.002.15770.005.

Nivel: 28.

C. Espec.: 1.673.520.

Grupo: A/B.

Corpo/Escala: xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Fomento do Emprego.

Localidade: Santiago de Compostela.

-Denominación do posto: Servicio de Programas de Cooperación.

Código: FA.C05.00.002.15770.010.

Nivel: 28.

C. Espec.: 1.673.520.

Grupo: A/B.

Corpo/Escala: xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Fomento do Emprego.

Localidade: Santiago de Compostela.

-Denominación do posto: secretario/a do director/a xeral.

Código: FA.C06.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

C. Espec.: 535.524.

Grupo: C/D.

Corpo/Escala: xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Xuventude.

Localidade: Santiago de Compostela.

-Denominación do posto: Subdirección Xeral de Programas.

Código: FA.C06.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

C. Espec.: 2.275.968.

Grupo: A.

Corpo/Escala: xeral.

Formación específica: diploma de directivo.

Dependencia: Dirección Xeral de Xuventude.

Localidade: Santiago de Compostela.

-Denominación do posto: Servicio de Programas.

Código: FA.C06.00.001.15770.004.

Nivel: 28.

C. Espec.: 1.673.520.

Grupo: A/B.

Corpo/Escala: xeral.

Dependencia: Dirección Xeral de Xuventude.

Localidade: Santiago de Compostela.

-Denominación do posto: Subdirección Xeral de Promoción e Actividades.

Código: FA.C06.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

C. Espec.: 2.275.968.

Grupo: A.

Corpo/Escala: xeral.

Formación específica: diploma de directivo.

Dependencia: Dirección Xeral de Xuventude.

Localidade: Santiago de Compostela.

5057