Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.425

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da correción de erros do convenio colectivo do sector das industrias de panificación.

Vista a publicación do convenio colectivo para o sector das Industrias de Panificación da provincia de Pontevedra, no DOG, número 62, do 1-4-1998, no seu artigo 10, páxina 3.336, onde di: «Establécese un plus de transporte na contía de 465 pesetas por día de traballo efectivo...», debe dicir: «Establécese un plus de transporte na contía de 481 pesetas por día de traballo efectivo...». Polo que, ó teor do dis

posto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, esta delegación provincial.

ACORDA:

Rectifica-lo erro material mecanográfico na forma indicada, publicándose a presente resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), e notificándoselle ás partes interesadas.

Vigo, 13 de maio de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

4889