Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.425

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 27 de abril de 1998 pola que se establecen os programas de axudas para o fomento da economía social, para o emprego autónomo e a integración laboral das persoas con discapacidade para o ano 1998.

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 82, do xoves 30 de abril de 1998, cómpre efectua-las seguintes correccións, así:

-Na páxina 4.556, na sección primeira, onde di: «obxecto e beneficios», debe dicir: «obxecto e beneficiarios».

-Na páxina 4.557, no artigo 7.2º e), onde di: «sociedade anónima laboral», debe dicir: «sociedade laboral».

-Na páxina 4.559, na sección segunda, onde di: «axudas a centros de emprego», debe dicir: «axudas a centros especiais de emprego».

-Na páxina 4.561, no artigo 26.4º, onde di: «achégase documentación acreditativa», debe dicir: «achegarase documentación acreditativa».

-Na páxina 4.562, no artigo 33.1º, onde di: «cuberta cumprimentada»; debe dicir: «debidamente cuberta».

-Nas páxinas 4.569, 4.571, 4.574 e 4.577, correspondentes ós anexos VI, VII, VIII e XIV, onde di: «Non ter solicitado nin percibido ningunha outra axuda dunha Administración ou entidade pública para a cooperativa ou sociedade laboral», debe dicir: «Non ter solicitado, nin percibido para este proxecto ningunha outra axuda dunha Administración ou entidade pública».

5366