Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.422

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do pacto extraestatutario de ámbito provincial da empresa Hermanos Pérez Muebles Diseño, S.L., de Ourense.

Visto o texto do pacto extraestatutario da empresa Hermanos Pérez Muebles Diseño. S.L., de Ourense, con entrada nesta delegación provincial, subscrito pola empresa, e, pola totalidade dos traballadores, na xuntanza celebrada o día 1-4-1998, e, de conformidade co disposto no Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, e demais normas aplicables de dereito común; esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 13 de maio de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Pacto extraestatutario da empresa

Hnos. Pérez Muebles-Diseño, S.L.

Artigo 1º

De conformidade co Estatuto dos traballadores, o presente pacto afectará a tódolos traballadores da empresa Hnos. Pérez Muebles-Diseño, S.L., do sector da venda de mobles.

Quedan excluídos do presente convenio:

a) O persoal de alta dirección ou alto consello e os socios de empresas que revistan a forma xurídica de sociedade.

Artigo 2º

O presente pacto terá unha duración dun ano. Entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1998 e rematará o 31 de decembro de 1998, aínda que os seus efectos económicos se retrotraerán ó 1 de xaneiro de 1998, manténdose a sú vixencia mentres non se negocie outro que o substitúa. A forma de denuncia será por medio dunha parte á outra, na que se fará consta-la pretensión de denuncia-lo convenio, a representación que desempeña para negociar, así como as materias que se van negociar.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes deste pacto serán absorbidas ata onde chegue o cómputo anual con aqueloutras condicións que puidesen establecerse por disposición legal, salvo cando se pacte expresamente o contrario.

Artigo 4º.-Xornada laboral.

A duración da xornada anual de traballo efectivo no presente pacto no ano 2000, é de 1.780 horas.

1998: 1.788 horas.

1999: 1.784 horas.

2000: 1.780 horas.

As ditas xornadas considéranse de traballo efectivo.

Artigo 5º.-Vacacións.

O tempo anual de vacacións será de 30 días naturais a salario real ou a parte proporcional que corresponda no caso de non levar traballando o ano requirido para o desfrute pleno deste dereito. O total de días anuais de vacacións repartiranse para os efectos de desfrute, con carácter xeral, da seguinte forma: 15 días seguidos para desfrutar no verán.

O resto, para desfrutar de acordo entre o traballador e a empresa, atendendo de forma prioritaria as necesidades de producción.

Deberá facerse público cun mínimo de dous meses de antelación a data das vacacións.

A retribución que se percibirá por vacacións comprenderá a media da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data de desfrute das vacacións, agás as horas extraordinarias e as gratificacións extraordinarias.

Os traballadores que cesen no transcurso do ano terán dereito a que na liquidación que se lles practique no momento de baixa na empresa, se integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

Pola contra, e nos casos de cesamentos de carácter voluntario, se o traballador tivera desfrutadas as súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique a parte correspondente ós días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal for a causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso dun ano natural, perderase este se no momento do seu vencemento o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal; de ser aquela de superior contía, o mesmo criterio aplicarase para os supostos de cesamento por finalización de contrato.

Conceptos retributivos.

Artigo 6º.-Salario.

A táboa retributiva para o ano 1998 será a que apareza a seguir, á que se lle engadirá, ademais, a parte correspondente á compensación por supresión de antigüidade e o rateo da paga de marzo, que desaparece como tal.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e xullo serán de 30 días de salario base máis antigüidade. Considéranse gratificacións extrordinarias os complementos salariais de vencemento periódico superior ó mes.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias, coa denominación de paga de verán e Nadal, que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de xuño e 20 de decembro, e devengaranse por semestres naturais, e por cada día natural en que se devengase o salario base.

Devengo de pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

A contía dos ditos complementos será a que se especifique para cada un dos grupos ou niveis nas táboas deste convenio, incrementada coa antigüidade que corresponda.

Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias, conforme os criterios anteriores, no momento de realiza-la liquidación dos seus haberes.

Artigo 9º.-Indemnizacións por desgaste de ferramentas.

Establécese unha indemnización por desgaste de ferramentas para aqueles traballadores ós que non

lles sexa facilitada pola empresa, consistente en 39 pesetas por día efectivo de traballo para o oficial, e de 20 pesetas para o axudante. A empresa determinará os casos de achega de ferramentas polo traballador.

Artigo 10º.-Permisos e licencias.

Establécese un permiso retribuído nos casos que se indican e polo tempo que se sinala:

-Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogros: 3 días naturais, ampliables ata 5 no caso de desprazamento superior a 150 km.

-Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avós: 3 días naturais, ampliables ata 5 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

-Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticos: 2 días naturais ampliables ata 4 días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

-Enfermidade grave de noras, xenros, cuñados e avós políticos: 2 días naturais ampliables ata 4 días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

-Nacemento de fillo ou adopción: 3 días naturais, ampliables ata 5 días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

-Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

-Cambio de domicilio habitual: 1 día laborable.

-Deber inescusable de carácter político ou persoal indispensable ou o que marque a norma.

-Lactación ata nove meses: ausencia dunha hora ou dúas fraccións de media hora, reducción da xornada en media hora.

-Traslado: (artigo 4 ET): 3 días laborables.

-Matrimonio de fillos: 1 día laborable.

-Funcións sindicais ou de representación de traballadores: o establecido na norma.

O tempo necesario para acudir ó médico, presentando a xustificación corrrespondente.

Artigo 11º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralles a tódolos traballadores a roupa de seguridade a que houber lugar, adaptada ós distintos postos de traballo. A roupa de traballo e as pezas de roupa de seguridade reporanse sempre que sexa necesario, cando o seu grao de deterioración non sexa imputable á neglixencia do traballador. Estas pezas de roupa serán sempre da empresa e o traballador estará obrigado á boa conservación e emprego.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

A axuda de custo é un concepto de devengo extrasalarial, e natureza indemnizatoria ou compensatoria, e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador, ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

O traballador percibirá axuda de custo completa cando, como consecuencia do desprazamento, non poida pasa-la noite na súa residencia habitual; devengarase sempre por día natural.

Devengarase media axuda de custo cando, como consecuencia do desprazamento, o traballador afectado teña necesidade de realiza-la comida fóra da súa residencia habitual e non lle fose subministrada pola empresa, e poida pasa-la noite na citada residencia. A media axuda de custo devengarase por día efectivo de traballo.

Ó persoal afectado por este convenio aboaráselle, en caso de desprazamento fóra do seu centro de traballo habitual, os gastos ocasionados e debidamente xustificados.

Artigo 13º.-Retribucións de menores.

O contrato de aprendizaxe que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente convenio terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. O contido do contrato, o mesmo que as súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito e figurará nel de modo claro, a actividade ou profesión obxecto de aprendizaxe.

A idade do traballador cun contrato destas circunstancias non poderá ser inferior a 16 anos nin superior a 22 anos.

Artigo 14º

No caso de non ser autorizado pola autoridade laboral competente algún dos preceptos deste convenio, este quedará sen efecto, e deberase considera-lo seu contido final.

Artigo 15º.-Póliza de seguros.

As empresas están obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo, no prazo de tres meses a partir da contratación do traballador, unha póliza de seguros para a cobertura dos riscos de morte e incapacidade para todo tipo de traballo dos traballadores por accidente laboral, incluído o in itinere, que lle garanta ó traballador accidentado ou ós seus habentes causa no caso de morte ou invalidez para todo tipo de traballo por causa fortuíta, espontánea e exterior á vontade do traballador, a percepción da indemnización seguinte:

1.500 000 pesetas en caso de morte.

2.500 000 pesetas en caso de incapacidade para todo tipo de traballo.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida o traballador causar na Seguridade Social ou montepío. Non obstante, as indemnizacións a que se fai mención neste artigo non se considerarán como entrega por conta da indemnización que, de se-lo caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, unha vez exista sentencia definitiva, sobresemento ou renuncia de accións.

Artigo 16º.-Situacións de incapacidade laboral.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, en caso de accidente laboral con ou sen hospita

lización, percibirán polo período de ILT a conta da empresa, o 100% do salario desde o día 10 ata o 70 ambos inclusive. Para os supostos de enfermidade común e enfermidade profesional percibirán, en caso de ILT a conta da empresa, o 100 % do salario desde o día 20 ó 60, ambos inclusive.

Artigo 18º

No non previsto no presente pacto extraestatutario aplicarase o disposto no R. decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e o convenio estatal da madeira asinado o 21 de marzo de 1996, como dereito de directa aplicación para todas aquelas cuestións non recollidas no presente convenio.

Disposición adicional

Primeira.-Os atrasos do presente convenio serán aboados nun prazo non superior a 30 días desde a súa publicación no BOP.

Segunda.-Co fin de axusta-lo calendario laboral anual no presente ano 1998, fíxanse como días non laborables o 24, 31 de decembro, o 20 de marzo, o 8 de abril media xornada e o 7 de setembro, agás acordo entre empresa e traballadores para a fixación doutros distintos.

Táboa salarial

CategoríaSalario base

Peón 91.614 pesetas

Axudante 99.693 pesetas

Oficial segunda102.188 pesetas

Oficial primeira102.550 pesetas

Encargado105.004 pesetas

Auxiliar administrativo 99.693 pesetas

Administrativo de 2ª102.188 pesetas

Administrativo de 1ª102.550 pesetas

4768