Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 10 de xuño de 1998 Páx. 6.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrión no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo sobre adaptación de xornada de traballo para o ano 1998 no convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de materiais de construcción e saneamento.

Visto o texto do acordo asinado o 3 de abril de l998 pola comisión deliberadora do convenio colectivo para o sector comercio de materiais de construcción e saneamento (código 2700175), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción e das centrais sindicais FEMCA-UGT 27,3%, FECOMA-CC.OO. 45,5%, USO 18,2% e CIG 9,1%, sobre adaptación de xornada de traballo para o ano l998, no ámbito do referido convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90 apartados 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 12 de maio de l998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción

Asistentes.

Representación sindical

Por FEMCA-UGT:

Adolfo Mosteirín Turia.

Alfonso García Capón.

Por CC.OO.

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

Ramiro López Peruga.

Por USO.

María del Carmen Arias Río.

Por CIG:

Iñaki García Gómez.

José Guillermo Rey Rouco.

Susana Riveira Fernández.

Luis Vigo Lago.

Representatividade no sector:

Convenio de comercio de materiais da construcción e saneamento.

Por FEMCA-UGT, 27,3 % de representación.

Por FECOMA-CC.OO., 45, 5 % de representación

Por USO, 18,2 % de representación.

Por CIG, 9,1 % de representación.

Representación patronal (APEC).

Hipólito Trinidad Losada.

Miguel Varela Varela.

José Juan Meijide Calvo.

Ricardo Castro López.

Juan Manuel González Zaera.

Manuel Sánchez Varela.

Silvano Pizarro Gómez.

Pilar Díaz Rodríguez.

En Lugo, o 3 de abril de 1998, reúnense os representantes das centrais sindicais e de APEC que á marxe se relacionan, para continua-las deliberacións sobre a adaptación da xornada laboral no convenio de comercio de materiais da construcción e saneamento á xornada de 1.764 horas anuais.

A representación económica expón a imposibilidade de sinalar días concretos de descanso con peche dos establecementos, polo grave prexuízo que iso representaría ó se tratar de comercio múltiple, que desprazaría a clientela a outros establecementos do sector, o que obriga a efectua-los descansos en días distintos para o persoal, de xeito que se evite o peche do establecemento. A representación social formula que no dito sector, ó estar acollido ó convenio xeral da construcción, se cumpra a adaptación da xornada a 1.764 horas anuais e, para iso, formula que no calendario laboral

deste se reflictan os días que os traballadores teñen dereito a desfrutar, xa que o dito convenio non se fixo para que a parte económica se acolla ás partes que lle interesan del.

Vista a problemática existente para determinar días de cero horas que poderían supo-lo peche dos establecementos eses días, a comisión acorda que en cada empresa a dirección desta e os seus traballadores determinen as xornadas en que cada operario desfrutará os días de descanso, co fin de que se adecúe tal desfrute de forma rotativa, que permita mante-la atención do público no establecemento en tódolos días laborables, e sempre que a xornada anual se acomode ás 1.764 horas anuais de traballo efectivo, o que suporía para cada traballador 7,5 días de descanso no ano 1998; exporanse no taboleiro de anuncios da empresa, no prazo de 30 días desde a publicación deste acordo no DOG, os días en que cada traballador desfrutará as xornadas de descanso, agás pacto individual en contrario.

E, en proba de conformidade, os asistentes subscriben o presente acordo coa maioría suficiente para a súa validez, no lugar e data expresados no seu encabezamento.

4664