Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.372

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 19 de maio de 1998 pola que se aproban as características técnicas do papel para utilizar na Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Polo Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma desempeña a Administración

do Estado para a provisión de medios materiais e económicos necesarios para o funcionamento da Administración de xustiza. E mediante o Decreto 394/1994, do 29 de decembro, asúmense as ditas funcións e asígnanse á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Dentro do material que empregarán os órganos xudiciais atópase o papel de oficio, soporte documental das actuacións de tódolos órganos da Administración de xustiza.

O artigo 101 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, establece que as actuacións e resolucións xurisdiccionais e escritos das partes relacionados con elas, se expedirán en papel común, determinándose as súas características e formatos regulamentariamente.

Suprimido, pois, o papel de oficio, e establecido o uso do papel común nas actuacións e resolucións xurisdiccionais, é necesario face-la fixación das súas condicións técnicas, función esta recoñecida ás comunidades autónomas que asumiran competencias relativas á provisión de medios materiais e económicos para a Administración de xustiza pola disposición adicional da orde do Ministerio de Xustiza do 30 de novembro de 1993.

De conformidade co exposto, resulta necesario regular esta materia, polo que, en uso das atribucións que teño conferidas, e logo do informe favorable do Consello Xeral do Poder Xudicial,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. O papel común no que se documentarán as actuacións e resolucións dos órganos da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia terá as seguintes características técnicas:

-Formato: UNE A-4

-Papel: 80 gramos / metro cadrado

-No ángulo superior esquerdo figurará o escudo constitucional impreso en tinta de cor azul e debaixo o escudo de Galicia na mesma cor, e debaixo destes respectivamente a lenda Administración de Justicia e Administración de Xustiza en Galicia.

- Levará estampada en tinta azul unha liña vertical a tres centímetros da marxe esquerda no anverso, e a tres centímetros da marxe dereita no reverso, que permita a súa unión nas actuacións ou a súa incorporación ó correspondente libro ou protocolo.

2. O papel ó que se refire o apartado anterior será utilizado polos órganos da Administración de xustiza en Galicia só para as actuacións e resolucións que integren os procedementos xudiciais.

3. Excepcionalmente, e para os efectos de garantir en todo caso a eficaz prestación do servicio de xustiza, habilítase o titular dó organo xudicial á utilización de papel común que non reúna estrictamente

as características sinaladas, cando por calquera circunstancia non dispoña do papel común dás citadas características e sempre que se adopten as medidas que se estimen necesarias para asegura-la debida identificación e seguridade dó soporte documental empregado.

Artigo 2º

Para os escritos das partes relacionados con actuacións e resolucións xurisdiccionais utilizarase papel común que, sempre que sexa posible se axustará ó formato UNE A-4.

Artigo 3º

1. As delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de información dos órganos da Administración de xustiza con sede nos ámbitos territoriais correspondentes, prepararán a relación ordinaria de necesidades de papel de cada un deles, e remitirana á Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local antes do 31 de xaneiro de cada ano.

A dita relación elaborarase con base nos datos de utilización do papel nos anos anteriores, remanentes existentes e necesidades ordinarias previsibles.

2. Na relación sinalarase o número de unidades que se solicitan para cada órgano da Administración de Xustiza en Galicia. Por razóns de eficacia, a distribución poderá concentrarse en determinados órganos, tales como salas de goberno ou xulgados decanos.

Artigo 4º

As necesidades extraordinarias e urxentes de papel dos órganos da Administración de xustiza en Galicia, debidamente fundamentadas, serán atendidas pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais a través das súas delegacións provinciais, mediante a distribución dos remanentes existentes.

Disposición transitoria

O actual papel de oficio continuará sendo utilizado ata que se rematen os remanentes que del existan.

Disposición derrogatoria

Única.-Quedan derrogadas as seguintes disposicións:

a) Orde do 7 de marzo de 1995 pola que se aproban as características técnicas do papel de oficio para a Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Orde do 3 de outubro de 1995 pola que se modifica a Orde do 7 de marzo de 1995.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1998.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

4861