Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.370

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 164/1998, do 22 de maio, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica, a 15/20 kV, Casalvito-San Bartolomeu, concello de Monfero, provincia da Coruña. (Expediente 96/193).

Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Mancebo 6, 15600 Pontedeume (A Coruña), solicitou desta consellería, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa

e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da L.M.T. aérea a 15/20 kV, con conductor L.A.-56 sobre apoios de formigón e metálicos, de 1.432 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 51 da L.M.T. San Bartolomeu-Monfero, e C.T. aéreo de 100 kVA a 15/20 kV - B2 que se vai instalar no lugar de Casalvito, no termo municipal de Monfero (A Coruña) (expediente 96/193).

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 15-5-1997, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 13-8-1997, no BOP da Coruña do 1-8-1997.

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 13-8-1997, no BOP da Coruña do 1-8-1997, no xornal El Ideal Gallego do 1-8-1997, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Monfero e no da delegación provincial; ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública recibiuse escrito de Antonio Martínez López, manifestando que o predio nº 13 é da súa propiedade e non do seu pai como se fixo constar na relación de bens e dereitos afectados.

A alegación foi remitida á empresa beneficiaria que, en escrito posterior, asume a titularidade de Antonio Martínez López.

Unha vez realizada, por técnicos da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar, segundo certificado emitido ó respecto, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, que reitera as sinaladas no artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo e que é aplicable a este expediente en virtude do establecido no apartado 2 da disposición transitoria segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, nin lle son de aplicación as prohibicións e limitacións dos artigos 25

e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, respectivamente.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., xa que con esta liña se pretende mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións presentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e bens, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintedous de maio de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co establecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso da liña eléctrica, a 15/20 kV, Casalvito-San Bartolomeu (expediente 96/193) proxectada e proposta por Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. cos efectos e alcance previstos nos artigos 55 e 57 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os bens e dereitos ós que afecta esta disposición están situados no termo municipal de Monfero (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vintedous de maio de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio.

5070