Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de maio de 1998 pola que se convocan estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 1998-1999 destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión.

O artigo 55 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que os poderes públicos prestarán unha atención prioritaria ó conxunto de factores que favorecen a calidade e mellora do ensino, citando entre estes factores a cualificación e formación do profesorado.

Pola súa vez a citada lei, no seu artigo 56, determina que a formación permanente constitúe un dereito e unha obriga de todo o profesorado e unha responsabilidade das administracións educativas e dos propios centros e, na súa disposición adicional terceira, sinala que as administracións educativas proverán os recursos necesarios para garantir no proceso de aplicación da lei a inclusión de actividades, como poden se-las estadías en empresas, para asegurarlles a tódolos profesores ó longo da súa vida profesional a posibilidade de acceder a períodos formativos fóra do centro escolar.

Así mesmo, o actual proceso de implantación da nova formación profesional, estructurada en ciclos formativos, nos que se establece con carácter obrigatorio e avaliable un período de formación en centros de traballo, fai necesario que os profesores teñan previamente un coñecemento directo dos procesos productivos que se desenvolven nas empresas, as novas tecnoloxías que incorporan ás realizacións profesionais dos traballadores nos diferentes postos de traballo para, deste xeito, perfila-lo programa formativo que os alumnos deberán realizar no módulo de formación en centro de traballo. Neste sentido, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria proponse satisface-las devanditas necesida

des formativas, co obxectivo, en todo caso, de consegui-la mellora do sistema educativo a través da formación dos seus profesionais.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Convocatoria

Primeiro.

Convócanse estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 1998-1999 dirixidas a funcionarios docentes de formación profesional específica destinados en centros dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo as condicións e a distribución que se establecen e relacionan nesta orde.

De acordo co tipo de empresas nas que se realice a estadía formativa, establécense dúas modalidades:

Tipo A: estadías formativas nas empresas acollidas a este programa mediante convenio específico subscrito coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que se relacionan no anexo I.

Tipo B: estadías formativas noutras empresas ou institucións cun mínimo de 10 traballadores. Neste caso, o profesorado deberá concertar coa empresa o contido e duración da estadía e presentará un proxecto segundo o esquema recollido no anexo III.

Candidatos

Segundo.

Os funcionarios deberán pertencer a algún dos corpos ou escalas docentes que se detallan a continuación, nalgunha das especialidades con atribución docente para impartir módulos de formación profesional específica, segundo o Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, e Real decreto 777/1998, do 30 de abril.

- Profesores de ensino secundario.

- Profesores técnicos de formación profesional.

Condicións

Terceiro.

Os candidatos deberán reuni-los seguintes requisitos:

1. Estar en situación de servicio activo e prestar servicios durante o curso 1996-1997 e 1997-1998 en centros dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Ter, como mínimo, dous anos de antigüidade como funcionario de carreira nalgún dos corpos e escalas ós que se alude no punto segundo desta orde. Para estes efectos computarase o presente curso académico.

3. Non ter que realiza-lo servicio militar ou servicio social substitutivo no período de realización da estadía en empresas.

4. Non ter realizado estadías formativas en empresas durante os 3 últimos cursos académicos outorgadas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

5. Non estar a desfrutar ou ter concedida no curso 1998-1999 licencia por estudios, xa que se consideran incompatibles para realizar no mesmo período de vixencia das estadías formativas en empresas ámbalas dúas modalidades de formación.

Solicitudes e documentación

Cuarto.

Os candidatos a realiza-las estadías formativas en empresas que se convocan deberán presenta-la súa solicitude segundo o modelo do anexo II e o procedemento establecido no punto sétimo.

Quinto.

Á solicitude xuntaráselle a seguinte documentación:

1. Folla de servicios, segundo modelo do anexo VII, certificada pola delegación provincial correspondente e pechada o 1 de setembro de 1998.

2. Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo IV desta orde.

3. Relación numerada e asinada da documentación presentada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo IV.

4. Non serán tidos en conta nin, xa que logo, valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente nin os que se aleguen fóra do prazo ó que se refire a base sexta da presente convocatoria.

Prazo de presentación

Sexto.

O prazo de presentación será de 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación no DOG, tanto para a modalidade A como para a B. As solicitudes, xunto coa documentación, deberán presentarse a través do rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais ou mediante calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sendo imprescindible que na instancia apareza a data de recepción no organismo público correspondente. Se, en uso deste dereito, o expediente é remitido por correo, é necesario que se presente en sobre aberto para que sexa datado e selado polo funcionario de correos antes de que se proceda á súa certificación.

As oficinas receptoras remitiranlle os expedientes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, San Caetano, s/n, 15771, Santiago de Compostela, dentro das corenta e oito horas seguintes á súa recepción.

Informe da inspección

Sétimo.

Na mesma data de presentación da documentación citada no punto anterior, o profesorado que solicite realizar estadías formativas deberá presentar, dirixida ó Servicio da Inspección de Educación da delegación provincial correspondente, a seguinte documentación:

1. Solicitude de informe segundo o modelo que aparece como anexo V a esta orde, co fin de que o servicio de inspección emita o informe correspondente. Este informe do servicio de inspección será preceptivo á hora de valora-la autorización da solicitude.

2. Fotocopia da instancia de solicitude da licencia por estadía en empresas (anexo II).

Oitavo.

1. Vistas as solicitudes, os servicios de inspección de educación emitirán informe segundo o modelo recollido no anexo VI da presente convocatoria. O dito informe deberán remitilo directamente ó presidente da comisión seleccionadora dentro dos cinco días naturais seguintes ó da presentación da documentación aludida no punto sexto.

2. O mencionado informe referirase ós seguintes aspectos:

a) Organización da súa actividade docente (programación, metodoloxía, utilización de recursos, criterios de avaliación, actividades extraescolares, etc.).

b) Participación no funcionamento dos centros (traballo cos equipos docentes, departamentos, seminarios, colaboración cos órganos de goberno, titorías, etc.).

c) Participación en programas educativos de innovación e reforma.

3. O resultado deste informe traducirase nunha valoración global de cero a dez puntos, segundo se especifica no apartado 2.2 do anexo IV.

Comisión de selección

Noveno.

1. A selección dos candidatos será realizada por unha comisión integrada polos seguintes membros:

- O director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional ou persoa en quen delegue, que será o presidente.

- O subdirector xeral de Ordenación Educativa ou persoa en quen delegue.

- O subdirector xeral de Formación Profesional e Educación de Adultos ou persoa en quen delegue.

- O xefe do Servicio de Formación do Profesorado.

- O xefe de Servicio de Formación Profesional.

- Un membro da Inspección de Educación.

- Un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que actuará como secretario, con voz e sen voto.

2. Cada un dos sindicatos da Mesa Sectorial Docente nomeará un representante que poderá asistir ás sesións da comisión con voz e sen voto.

3. A comisión poderá dispo-la constitución de subcomisións técnicas especializadas só para os efectos de colaboraren na valoración dos méritos relacionados nos apartados 1 e 4 do anexo IV.

Para os efectos previstos no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio, esta comisión considérase incluída na categoría primeira.

Resolución da convocatoria

Décimo.

A comisión seleccionadora realizará unha selección segundo a puntuación obtida conforme o baremo que figura como anexo IV desta convocatoria.

1. En caso de empate entre os funcionarios, este dirimirase atendendo sucesivamente ós seguintes criterios:

a) Maior puntuación no punto 2 do baremo.

b) Maior puntuación no punto 3 do baremo.

2. A relación dos seleccionados farase pública nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provinciais, e abrirase un prazo de cinco días naturais para efectuar reclamacións. Transcorrido este prazo, unha vez estudiadas e, se é o caso, atendidas as ditas reclamacións, a comisión seleccionadora remitiralle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a proposta de resolución da presente convocatoria, xunto coa acta ou actas definitivas con expresión das valoracións outorgadas a cada un dos candidatos, así como a relación final dos seleccionados.

No mesmo prazo establecido no parágrafo anterior poderán presentarse renuncias á concesión das estadías en empresas perante a mencionada comisión seleccionadora.

Décimo primeiro.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, unha vez comprobado que os candidatos reúnen os requisitos establecidos na presente convocatoria, publicará a resolución definitiva de estadías en empresas e institucións no Diario Oficial de Galicia, expedindo, así mesmo, as credenciais singulares correspondentes.

Unha vez resolta a presente convocatoria, non se admitirán renuncias ás estadías, agás casos de excepcional gravidade e libremente apreciados pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Períodos de duración das estadías formativas en empresas

Décimo segundo.

O período de duración das estadías para a modalidade A será o indicado no anexo I para cada empresa.

Para as estadías que se concedan pola modalidade B, a duración estará comprendida entre un e dous meses.

Décimo terceiro.

Ó finaliza-lo período da estadía, os profesores beneficiarios presentarán ante a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo de 15 días contados desde a finalización da estadía realizada, unha memoria do traballo individual desenvolvido, no que se farán constar, entre outros e como mínimo, os seguintes aspectos:

a) Descrición do proceso productivo. Perfís profesionais que participan diferenciados segundo os niveis de cualificación.

b) Realizacións máis significativas de cada perfil profesional.

c) Tecnoloxías utilizadas e a súa presencia no equipamento de cada ciclo formativo (valoración da súa necesidade ou conveniencia de incorporalo).

d) Cambios que se prevén no sistema productivo (evolución da competencia profesional).

e) Programa de formación en centros de traballo que se podería realizar nesa empresa e nos diferentes ciclos formativos da súa familia profesional.

f) Valoración da estadía de formación: aspectos positivos e aspectos que se deben mellorar.

Décimo cuarto.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria disporá das memorias dos traballos realizados de acordo coa lexislación vixente sobre propiedade intelectual.

Unha copia da memoria será enviada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional á empresa na que cada profesor realizou a estadía.

Situación administrativa e compromisos

dos seleccionados

Décimo quinto.

Durante a estadía na empresa os profesores seleccionados recibirán os emolumentos correspondentes ás súas retribucións básicas e complementarias. O profesorado seleccionado terá dereito, de acordo co establecido na Orde do 18 de xuño de 1990 (DOG do 4 de xullo), a unha bolsa de asistencia por día sempre e cando a actividade se desenvolva fóra do concello onde estea o centro educativo de destino ou do concello onde teña o seu domicilio habitual.

A contía da bolsa que percibirá por día de asistencia á empresa será a que se indica a continuación tendo en conta a distancia en quilómetros de ida e volta entre o seu domicilio habitual e a empresa:

-Menos de 30 quilómetros: 1.750 ptas./día.

-Entre 31 e 50 quilómetros: 2.250 ptas./día.

-Entre 51 e 75 quilómetros: 3.000 ptas./día.

-Entre 76 e 100 quilómetros: 3.650 ptas./día.

-Máis de 101 quilómetros: 4.500 ptas./día.

En todo caso, a contía máxima que poderá percibir en concepto de bolsa de asistencia non poderá excede-la cantidade de 150.000 ptas.

Décimo sexto.

As bolsas de asistencia aboaranse con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.322S.640.1 e por un importe máximo de 15.600.000 ptas.

Décimo sétimo.

Os profesores realizarán durante a súa estadía na empresa o horario productivo que esta teña establecido.

Décimo oitavo.

Durante o período de estadía na empresa ou en institucións os profesores estarán acollidos á Mutualidade de Funcionarios do Estado e ás pólizas de seguro de accidentes e responsabilidade civil subscritas pola Xunta de Galicia.

Décimo noveno.

Durante o período de estadía formativa en empresas os profesores non terán vínculo ou relación laboral coa empresa ou institución de acollida nin poderán ocupar un posto de traballo dentro do seu cadro de persoal, polo que quedarán excluídos da lexislación laboral.

Vixésimo.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional remitiralles ás Inspeccións de Traballo unha relación dos profesores e do período de tempo que estean realizando as estadías formativas nas empresas.

Vixésimo primeiro.

A concesión de autorización para estadías en empresas implicará a incompatibilidade con calquera outra actividade pública ou privada.

Vixésimo segundo.

O non cumprimento do disposto nesta convocatoria poderá dar lugar á revogación da correspondente estadía formativa, sen prexuízo da posible incursión en responsabilidades disciplinarias de acordo co vixente Regulamento do réxime disciplinario dos funcionarios da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Seguimento

Vixésimo terceiro.

A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional, a través dos servicios de inspección de educación, efectuará o adecuado seguimento e control das estadías formativas.

Certificación

Segundo o disposto no apartado 14.2º da Orde do 13 de decembro de 1994 (DOG do 13 de xaneiro de 1995), pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro de actividades de formación permanente do profesorado e se establecen as equivalencias das actividades de investigación e das titulacións, os profesores que realicen unha estadía formativa en empresas ó abeiro desta orde, con avaliación positiva, obterán a seguinte certificación:

1. Estadías formativas ata 29 días de duración: certificación de 20 horas de formación.

2. Estadías formativas de 30 a 44 días de duración: certificación de 40 horas de formación.

3. Estadías formativas de 45 a 59 días de duración: certificación 60 horas de formación.

4. Estadías formativas de máis de 59 días de duración: certificación de 80 horas de formación.

Retirada da documentación

Vixésimo cuarto.

Durante o mes de decembro de 1998 os concursantes poderán retira-la súa documentación da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ( rúa San Lázaro, 107 - Santiago de Compostela), directamente ou a través de persoa autorizada. Transcorrido o prazo, entenderase que renuncian á súa recuperación, perdendo todo dereito sobre ela.

Vixésimo quinto.

Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional para dicta-las instruccións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Vixésimo sexto.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

Director Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional

ANEXO I

Distribución das prazas para estadía en empresas que se convocan para o curso 1998-1999

Bazán

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Máquinas, servicios e producciónAxust. Mont.Torner.Fresador11 mesOutubro
Prácticas de instrumentación e controlControl numérico. Fabric.Turb.11 mesFebreiro 99
Análise e química industrialQuímica (laboratorio)11 mesNovembro
Equipos electrónicos/ Sistemas electrónicosElectrónico11 mesOutubro
Mecanizado e mantemento de máquinasMecanizado Farbic.Turb11 mesMarzo 99
Totais 5

Repsol

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Sistemas electrónicosMantemento instrumentación 11 mesOutubro
Sistemas electrotécnicos e automáticosMantemento instrumentación11 mesNovembro
Equipos electrónicosMantemento instrumentación11 mesFebreiro
Organización e proxecto de sistemas enerxéticosMantemento instrumentación11 mesMarzo
Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos Mantemento instrumentación11 mesMaio

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Organización e proxecto de sistemas enerxéticosMantemento mecánico11 mesOutubro
Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídosMantemento mecánico11 mesNovembro
Mecanizado e mantemento de máquinasMantemento mecánico11 mesFebreiro
SoldaduraMantemento mecánico11 mesMarzo
Organización e proxectos de fabricación mecánicaMantemento mecánico11 mesMaio
Totais 10

Televés

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Equipos electrónicos/Sistemas electrónicosAxuste e reparación de equipos electrónicos11 mesOutubro
Máquinas, servicios e producción/Prácticas de instrumentación e controlMantemento e instrumentación11 mesNovembro
Instalacións electrotécnicas/Máquinas, servicios e producciónPlanta electrónica11 mesFebreiro
Totais 3

Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG)

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Equipos electrónicos/Instalacións electrotécnicas/Sistemas electrónicosElectrónica21 mes
Técnicas e procedementos de imaxe e son/

Procesos e medios de comunicación

Comunicación, imaxe e son21 mes
EstéticaEstética-maquillaxe11 mes
Informática/Sistemas e aplicacións informáticasInformática21 mes
Organización e xestión comercial/Procesos comerciais11 mes
Totais 8

Astano

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Máquinas, servicios e producciónMantemento e servicios á producción11 mesFebreiro
Procesos de xestión administrativaProcesos de xestión administrativa21 mesMaio
Análise e química industrialAnálise e química industrial (laboratorio)21 mesNovembro
Sistemas electrónicos11 mes
Totais 6

Inespal (Alúmina-Aluminio) (San Cibrao-Cervo-Lugo)

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Instalacións electrotécnicas/Sistemas electrotécnicos e automáticos/Máquinas e servicios á producciónHidráulica e pneumática21 mesOutubro
Oficina de proxectos de fabricación mecánicaOficina de proxectos de construcción11 mesOutubro
Sistemas electrónicos/Equipos electrónicosElectricidade e electrónica11 mesNovembro
Análise e química industrial/laboratorioAnálise e química industrial (laboratorio)11 mesOutubro
Instalacións electrotécnicas/Sistemas electrotécnicos e automáticos/ Máquinas e servicios á producciónHidráulica e pneumática21 mesNovembro
Oficina de proxectos de fabricación mecánicaOficina de proxectos de construcción11 mesFebreiro
Sistemas electrónicos/Equipos electrónicosElectricidade e electrónica11 mesMarzo
Análise e química industrial/laboratorioAnálise e química industrial (laboratorio)11 mesNovembro
Instalacións electrotécnicas/Sistemas electrotécnicos e automáticos/Máquinas e servicios á producciónHidráulica e pneumática21 mesFebreiro
Oficina de proxectos de fabricación mecánicaOficina de proxectos de construcción11 mesAbril
Sistemas electrónicos/Equipos electrónicosElectricidade e electrónica11 mesAbril
Análise e química industrial/laboratorioAnálise e química industrial (laboratorio)11 mesNovembro
Instalacións electrotécnicas/Sistemas electrotécnicos e automáticos/Máquinas e servicios á producciónHidráulica e pneumática21 mesMarzo
Sistemas electrónicos/Equipos electrónicosElectricidade e electrónica11 mesMaio
Análise e química industrial/laboratorioAnálise e química industrial (laboratorio)11 mesFebreiro
Instalacións electrotécnicas/Sistemas electrotécnicos e automáticos/Máquinas e servicios á producciónHidráulica e pneumática21 mesAbril
Análise e química industrial/laboratorioAnálise e química industrial (laboratorio)11 mesMaio
Organización e proxectos de fabricación mecánica/Mecanizado e mantemento de máquinasFabricación mecánica11 mesAbril
Instalacións electrotécnicas/Sistemas electrotécnicos e automáticos/ Máquinas e servicios á producciónHidráulica e pneumática21 mesMaio
Totais 25

Finsa

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Instalacións electrotécnicas/Sistemas electrotécnicos e automáticosMantemento eléctrico11 mesNovembro
Organización e proxectos de fabricación mecánica/Mecanizado e mantemento de máquinas/Organización e procesos de mantemento de vehículos/Mantemento de vehículosMantemento electromecánico11 mesOutubro
Informática/Sistemas e aplicacións informáticas/Administración de empresasProceso de datos11 mesFebreiro

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Procesos e productos en madeira e moble/Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídosProducción11 mesMarzo
Totais 4

Unión Fenosa

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídos/Mecanizado e mantemento de máquinasMantemento e servicios á producción (Meirama)31 mesFebreiro
Administración de empresas/Procesos de xestión administrativaAdministración41 mesMarzo
Sistemas electrónicos/Equipos electrónicos/Sistemas electrotécnicos e automáticosElectricidade21 mesNovembro
Totais 9

Citroën Hispania

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Sistemas electrónicos/Sistemas electrotécnicos e automáticos/Equipos electrónicos/Mecánica/Mantemento de vehículos/Organización e procesos de mantemento de vehículosMantemento de instalacións automatizadas (electro-pneumática, autómatas, robótica).
*Taller de embutición12 semanas

(10 días)

2 ó 13 de

novembro

*Taller de carrocería (soldadura)22 semanas

(10 días)

16 ó 27 de

novembro

*Taller de revestimentos12 semanas

(10 días)

23 de

novembro

ó 4 de

decembro

*Taller de montaxe12 semanas

(10 días)

7 ó 14 de

decembro

Sistemas electrónicos/Sistemas electrotécnicos e automáticos/ Equipos electrónicos /Oficina de proxectos de fabricación mecánica/Mantemento de vehículos/ Organización e procesos de mantemento de vehículosOrganización e xestión da producción
*Taller de embutición12 semanas

(10 días)

2 ó 13 de

novembro

*Taller de carrocería (soldadura)12 semanas

(10 días)

16 ó 27 de

novembro

*Taller de revestimentos12 semanas

(10 días)

23 de

novembro

ó 4 de

decembro

*Taller de montaxe22 semanas

(10 días)

7 ó 14 de

decembro

SoldaduraCalidade soldadura (P.S.E. Secuencias, programación, ensaios)

*Servicio de calidade soldadura

12 semanas

(10 días)

2 ó 13 de

novembro

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Mantemento de vehículos/Organización e procesos de mantemento de vehículosOrganización e xestión de aprovisionamento e de loxística

*Servicio de aprovisionamento

12 semanas

(10 días)

2 ó 13 de

novembro

Análise e química industrial/laboratorioAnálise e ensaios-laboratorio

*Servicio laboratorio

22 semanas

(10 días)

16 ó 27 de

novembro

Mantemento de vehículos/Organización e procesos de mantemento de vehículosOrganización e xestión de calidade

*Servicio e control de calidade

22 semanas

(10 días)

16 ó 27 de

novembro

Mantemento de vehículos/Organización e procesos de mantemento de vehículosOrganización e xestión de aprovisionamento e de loxística

*Servicio de aprovisionamento

12 semanas

(10 días)

23 de

novembro

ó 4 de

decembro

Sistemas electrónicos/Sistemas electrotécnicos e automáticos/ Equipos electrónicos /Oficina de proxectos de fabricación mecánica/ Mantemento de vehículos/ Organización e procesos de mantemento de vehículosPrevención de riscos laborais12 semanas

(10 días)

7 ó 14 de

decembro

Totais 18

Endesa

Especialidade de profesor (docente)Especialidade da estadía na empresaNº de

prazas

Duración

da estadía

Período

Análise e química industrialAmbiente (central térmica)22 mesOutubro-

novembro

LaboratorioLaboratorio (central térmica)22 mesOutubro-

novembro

Sistemas electrónicos e automáticos/Mecanizado e mantemento de máquinasInstrumentación (central térmica)22 mesesXaneiro-

febreiro

Sistemas electrónicos/Equipos electrónicos/Sistemas electrónicos e automáticosMantemento eléctrico (central térmica)22 mesesFebreiro-

marzo

Mecanizado e mantemento de máquinas/Instalación e mantemento de equipos térmicos e de fluídosMantemento mecánico (central térmica)22 mesesFebreiro-

marzo

Sistemas electrotécnicos e automáticosTelecomunicacións (mina)11,5 mesesOutubro-

novembro

Sistemas electrotécnicos e automáticosTelecomunicacións (mina)11,5 mesesXaneiro-

febreiro

Sistemas electrotécnicos e automáticosTelecomunicacións (mina)11,5 mesesMarzo-

abril

Sistemas electrotécnicos e automáticosTelecomunicacións (mina)11,5 mesesMaio-

xuño

Sistemas electrónicos/Equipos electrónicos/Sistemas electrónicos e automáticosMantemento eléctrico (mina)21 mesMarzo
Sistemas electrónicos/Equipos electrónicos/Sistemas electrónicos e automáticosMantemento eléctrico (mina)21 mesAbril
Sistemas electrónicos/Equipos electrónicos/Sistemas electrónicos e automáticosMantemento eléctrico (mina)21 mesMaio
Sistemas electrónicos/Equipos electrónicos/Sistemas electrónicos e automáticosMantemento eléctrico (mina)21 mesXuño
Totais 22

5257