Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 13 de maio de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican acordos que denengan a suspensión da débeda, dictados polo Servicio de Recadación e solicitados polos contribuíntes que se citan (Pozo Andria, Carmen).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemtno administrativo común, notifícanse os acordos polos que se denega a suspensión da débeda, que foron dictados polo Servicio de Recadación en aplicación do artigo 75.5º do Regulamento de procedemento das reclamacións económico-administrativas do 23 de marzo de 1996, relativo ós impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (TPAXD) ou sobre o imposto de sucesións e doazóns (S e D), e que se refire ós conceptos e contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido que se indican no anexo.

Dado que a solicitude de suspensión foi presentada despois do vencemento da débeda en período voluntario, proséguese co procedemento de constrinximento.

Contra este acordo, que denega a suspensión, só cabe interpoñer reclamación económico-administra

tiva perante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula no DOG.

Contribuínte: Pozo Andria, Carmen. DNI: 36.956.453.

Enderezo: camiño Boa Vista, 2 Panxón, Nigrán.

Concepto e contía: imposto TPAXD expediente 17306/92.

Liquidación 4T2799/95 92.201 ptas.

Vencemento en voluntaria 20-6-1996

Vigo, 13 de maio de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

4851