Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 11 de maio de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican aumentos de base impoñible, dictados polo Servicio de Inspección Tributaria, referente ós conceptos e contribuíntes que se citan (Luis Leon Dobarrio).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse os aumentos de base impoñible que resultan da comprobación de valores efectuada polo Servicio de Inspección Tributaria en aplicación do artigo 46 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto de transmisións patrimoniais e actos jurídicos documentados (TPAXD), e que afectan os contribuíntes cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan.

A diferencia de valor respecto do declarado resulta de utiliza-los medios de comprobación previstos no artigo 52 da Lei xeral tributaria, sendo de aplicación o artigo 14.7º do citado texto refundido da Lei do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Contra a presente notificación poderá intepoñe-los seguintes recursos: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín nº 2, ou de reposición ante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, praza de América, bloque 1 portal oficinas 1ª planta, Vigo, ambos no prazo de quince días contados desde o seguinte á data de publicación desta cédula no DOG. Así mesmo, e no mesmo prazo, de non estar conforme coa valoración practicada, poderá solicita-la práctica de taxación pericial contradictoria. Se se interpón a reclamación económico-administrativa, deberá xustificalo ante esta oficina liquidadora, de non facelo así, cursaranse as liquidacións que procedan de acordo co disposto no artículo antes citado.

Contribuiente: Leon Dobarrio, Luis. DNI: 34.716.331.

Enderezo: río Lor, Quiroga.

Concepto e expediente: imposto TPAXD.

Documento públio nº protocolo 3286 outorgado ante notario: Gerardo García-Boente o 15-12-1993.

Vigo, 11 de maio de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

4850