Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 13 de maio de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións de xuro de demora dictadas polo Servicio de Recadación, relativa ós contribuíntes que se citan (El Duke S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último enderezo coñecido se indica e que foron dictadas polo Servicio de Recadación en aplicación do artigo 61.2º da Lei 230/1963 xeral tributaria, modificado pola Lei 25/1995, do 20 de xullo.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro; os medios de pagamento establéncense no artigo 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín 2 ou o de reposición ante o Servicio de Recadación desta delegación territorial, praza América 1, portal oficinas 1, 2ª planta, Vigo, ambos no prazo de quince días

contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula no DOG sin que poidan simultanearse ámbolos recursos.

Contribuinte: El Duke S.L.

Enderezo: Nicaragua 14, Vigo.

Contía: 288.475.

Concepto: liquidación I-51/94. Exp. 4A-11.

Contribuinte: El Duke S.L.

Enderezo: Nicaragua 14, Vigo.

Contía: 139.167.

Concepto: liquidación I-52/94. Exp. 4A-12.

Vigo, 13 de maio de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

4622