Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.165

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998, da División de Recursos Humanos, pola que se declara rematado o proceso selectivo para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, convocado por Resolución do 8 de abril de 1996.

De conformidade co previsto no apartado 23 da base sexta da Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril) os tribunais encargados de xulga-lo concurso-oposición para o ingreso en

determinadas categorías de persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense elebarán á autoridade convocante o acordo que conteña a relación de aspirantes, pola orde de puntuación alcanzada, que superaron o dito concurso-oposición, indicando a puntuación obtida en cada unha das fases e a puntuación total que será a suma de ambas, comprendendo a dita relación, de forma separada os aspirantes polo sistema de acceso libre e, se é o caso, polo de promoción interna e pola quenda reservada a minusválidos, co fin de publicarse no Diario Oficial de Galicia e declaralo concluso.

Adoptado acordo ó respecto polos respectivos tribunais sobre a relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo citado, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, facultándose expresamente para isto a este centro directivo, polo que:

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las relacións de aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado por resolución do 8 de abril de 1996 para o ingreso nas categorías de ATS/DUE, xestión da función administrativa e asistente social que se inclúen como anexos á presente resolución.

Segundo.-Os aspirantes seleccionados disporán dun prazo de vinte días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución para presenta-la seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI.

b) Fotocopia compulsada do título esixido para o ingreso na correspondente categoría, segundo o disposto na base segunda A) 5, anexo I, da dita Resolución do 8 de abril de 1996.

c) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública, nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

d) Certificado médico en modelo oficial, acreditativo de non estar afectado por limitacións física ou psíquicas que o imposibiliten para o desempeño das funcións correspondentes á praza que vai desempeñar. Para os aspirantes que accedesen pola quenda de discapacitados deberán achega-la certificación acreditativa da correspondente minusvalidez.

e) Declaración xurada ou promesa de que non incorre en incompatibilidade consonte a lexislación vixente.

Terceiro.-De conformidade co establecido no apartado 2 da base oitava, os aspirantes aprobados que tivesen a condición de persoal fixo, por calquera vínculo, ó servicio das administracións públicas ou dos servicios de saúde, estarán exentos de acredita-las condicións e requisitos xa xustificados para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación do organismo de que dependan acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal. En todo caso, achegarán os documentaos a que fan referencia os apartados c) e d) do apartado anterior.

Cuarto.-A documentación dirixirase ó director-xerente do complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense e poderá presentarse en calquera dos seguintes lugares:

a) No rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sito en San Caetano, bloque 2,2º, en Santiago de Compostela.

b) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

c) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

d) No propio complexo hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

Tamén poderá presentarse a dita documentación a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Quinto.-Os aspirantes que dentro do prazo fixado, e salvo casos de forza maior libremente apreciada pola autoridade convocante, non presentasen a documentación, non poderán subscribi-lo correspondente contrato e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade.

Sexto.-Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso ordinario ante este centro directivo no prazo dun mes, contado desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1998.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos

5232