Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.166

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 1998, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes dos corpos docentes universitarios que se citan.

Convodados concursos para a provisión das prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan

no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE do 26 de outubro), artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo), e artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas indicadas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que serán elixidas por este procedemento para o día 11 de xuño de 1998, ás dez horas, rea

lizándose polo sistema aprobado pola comisión académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, do modo secuencial, segundo a orde na que figuran relacionadas no anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse no Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertencan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formaren parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 6 de xuño de 1998, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, s/n, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan suficientes profesores do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o previsto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 19 de maio de 1998.

Rafael Anes Álvarez

Secretario xeral do Consello de Universidades

ANEXO

Universidade: Vigo.

Concursos convocados por resolución da universidade do: 5-11-1997 e BOE 6-12-1997.

Concurso nº: 89Nº sorteo: 35181.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: biloxía celular.

Presidente titular: Ramón Anadón Álvarez.

Vocal secretario titular: Encarnación de Miguel Villegas.

Concursos convocados por resolución da universidade do: 5-12-1997 e BOE 19-12-1997.

Concurso nº: 105Nº sorteo: 35182.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería química.

Presidente titular: Juan Manuel Lema Rodicio.

Vocal secretario titular: María de los Ángeles Sanromán Braga.

Concurso nº: 106Nº sorteo: 35183.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería química.

Presidente titular: José Mario Díaz Fernández.

Vocal secretario titular: Luis Arsenio García Díaz.

Concursos convocados por resolución da universidade do 19-12-1997 e BOE 19-1-1998.

Concurso nº: 115Nº sorteo: 35184.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: teoría do sinal e comunicacións.

Presidente titular: José María Fernando Rabanos.

Vocal secretario titular: Ramón Carmelo Hermida Domínguez.

Concurso nº: 116Nº sorteo: 35185.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: bioquímica e bioloxía molecular.

Presidente titular: Amando Garrido Pertierra.

Vocal secretario titular: María Almudena Fernández Briera.

Concurso nº: 117Nº sorteo: 35186.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: xenética.

Presidente titular: Gonzalo Álvarez Jurado.

Vocal secretario titular: Laura Elena Sánchez Piñón.

Concurso nº: 118Nº sorteo: 35187.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: álxebra.

Presidente titular: Emilio Villanueva Novoa.

Vocal secretario titular: José Nicanor Alonso Álvarez.

Concurso nº: 119Nº sorteo: 35188.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: traducción e interpretación.

Presidente titular: Roberto Dengler Gassin.

Vocal secretario titular: María Elena Sánchez Trigo.

Concurso nº: 120Nº sorteo: 35189.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: explotación de minas.

Presidente titular: Pedro Ramírez Oyanguren.

Vocal secretario titular: Javier Taboada Castro.

Concurso nº: 121Nº sorteo: 35190.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: teoría do sinal e comunicacións.

Presidente titular: Antonio García Pino.

Vocal secretario titular: Mª del Carmen García Mateo.

Concurso nº: 122Nº sorteo: 35191.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: dereito mercantil.

Presidente titular: José Antonio Gómez Segade.

Vocal secretario titular: Manuel José Botana Agra.

Concurso nº: 123Nº sorteo: 35192.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: organización de empresas.

Presidente titular: Camilo Prado Freire.

Vocal secretario titular: Manuel Guisado Tato.

Concurso nº: 124.Nº sorteo: 35193.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía aplicada.

Presidente titular: Manuel María Varela Lafuente.

Vocal secretario titular: Luisa Fernanda Abreu Fernández.

Concurso nº: 125Nº sorteo: 35194.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: Irene Clara Pisón Fernández.

Vocal secretario titular: Luís Ángel Castrillo Lara.

Concurso nº: 126Nº sorteo: 35195.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: economía financeira e contabilidade.

Presidente titular: Irene Clara Pisón Fernández.

Vocal secretario titular: Luís Ángel Castrillo Lara.

4709