Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación dos procedementos sancionadores de incendios 264I/97 e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7-12-1968), e mais do seu Regulamento con data do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13-2-1973), por non ser posible as súas notificacións.

Noméase instructora do procedemento a Ana María Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co Real

decreto 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación destas notificacións, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior estes acordos

de iniciación poderán ser considerados proposta de resolución determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poralles fin ós expedientes. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 23 de abril de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Tipificación Regulamento

incendios

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

proposta

264I/97Rodríguez Ríos, Manuel

76.312.217

Ramón y Cajal, 9-11, A Coruña

Queimar ou acender lume cando está prohibido138.AMoi grave15.000 ptas.

305I/97López Pestoni, José

32.290.279

Catro Camiños-Cacheiras

Teo (A Coruña)

Queima ou acender lume cando está prohibido138.AMoi grave15.000 ptas.

334I/97Reboredo Gómez, Enrique

32.419.708

Travesía Boavista, 12-P.49-D

(A Coruña)

Queimar ou acender lume cando está prohibido138.AMoi grave15.000 ptas.

346I/97Fernández Torreiro, Luis

32.327.750

Estrada da Estación, 66

Cambre (A Coruña)

Queimar ou acender lume cando está prohibido138.AMoi grave15.000 ptas.

359I/97Castiñeira Lista, Alicia

32.347.658

Avda. Alfonso Molina, 32 11 I

Sada (A Coruña)

Queimar ou acender lume cando está prohibido138.AMoi grave15.000 ptas.

4357