Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificacións das propostas de resolucións dos procedementos sancionadores de incendios 072I/97 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 1-12-1968), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro

(BOE nº 38 do 13-2-1973), por non ser posible as súas notificacións.

O pagamento voluntario poralles fin ós expedientes. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación destas notificacións, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, estas propostas, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiranse ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución dos procedementos.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do

procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 23 de abril de 1998.

Ana María Díaz López

Instructora

ANEXO

Tipificación Regulamento incendios

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoArtigoCualificaciónSanción

proposta

072I/97Puente Torres, Ramón

32.420.796

Casanova de Eirís, A Coruña

Queima sen autorización137.BGrave15.000 ptas.

145I/97Gómez Vázquez, Luis

76.500.115

San Marcos-Bando

Melide (A Coruña)

Queima sen adopta-las debidas precaucións, aínda que se posúa autorización138.CMoi grave25.000 ptas.

168I/97Bouza García, Eladio

32.657.821

San Xosé, 3-4º Dta.

Ferrol (A Coruña)

Acampar en zonas forestais prohibidas136.HLeve5.000 ptas.

262I/97Siada Caamaño, Magdalena

32.404.025

Taxes, Louro

Muros (A Coruña)

Queimar ou acender lume cando está prohibido138.AMoi grave15.000 ptas.

4358