Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de pesca fluvial 98/0017 e 98/0055.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151, do 5 de agosto) e do Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería na Coruña, segundo o artigo 40 da Lei 7/1992, de pesca fluvial, en concordancia co artigo 101 do seu regulamento.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario, poralle fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos (A Coruña).

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 23 de abril de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-98/0017.

Denunciado: Juan Reboredo Barreiro.

DNI: 32.767.657.

Último enderezo coñecido: Meixigo, 15660 Cambre.

Feitos denunciados: cortar ou destruír de xeito significativo a vexetación de ribeira, sen autorización.

Tipificación Lei de pesca: 34.22º concordancia co 91.21º, cualificación menos grave.

Sanción proposta: 50.001 multa inhabilitación 1 ano.

Expediente: P-98/005.

Denunciado: Dionisio Sánchez Solon.

DNI: 6.527.874.

Último enderezo coñecido: Soutullo, Rus, Carballo.

Feitos denunciados: pescar en época de veda e con máis canas das permitidas (8).

Tipificación Lei de pesca: 34.8º e 33.4º en concordancia co 91.8º e 90.4º, cualificación menos grave, leve.

Sanción proposta. 75.000 multa inhabilitación 1 ano.

4656