Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.105

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das resolucións dos procedementos sancionadores de incendios 080I/97 e 325I/96.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las resolucións dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 7 de decembro), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro (BOE nº 38, do 13-02-1973), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que estas resolucións sexan executivas. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos, A Coruña.

Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario, perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o plazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 23 de abril de 1998.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expedientes: 080I/97.

Denunciado: Martínez Vila, Rosa Mª.

DNI: 36.038.627.

Último endrezo coñecido: avenida Florida, 16-3ÏA, Vigo (Pontevedra).

Feitos denunciados: acampar dentro de zonas forestais, pero en lugar distinto ó establecido coa dita finalidade.

Tipificación Regulamento de incendios: artigo 136.H, cualificación leve.

Sanción: 5.000 ptas.

Expedientes: 3251/96.

Denunciado: Iglesias Veira Guillermo.

DNI: 32.126.108.

Último enderezo coñecido: O Drozo, 11, Anceis, Cambre (A Coruña).

Feitos denunciados: queimar ou acender lume cando está prohibido.

Tipificación Regulamento de incendios: 138.A, cualificación moi grave.

Sanción: 50.000 ptas.

4356