Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.804

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (26/1998-10).

Franciso Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 26/1998-10 por instancia de Julián Victoriano Arce San Juan contra Leandro Escribano Domínguez, Celestino Cabello Jiménez, Alexandre Rosero Márquez, Salvador Callejón Ferrio e Tais Gómez Bautista; nas súas actuacións dictouse sentencia co encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Sentencia.

No nome da súa maxestade El-Rei.

En Santiago de Compostela o 16 de abril de 1998.

Francisco Javier Míguez Poza maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado coa referencia número 26/1998, no que actuaron como partes como denunciante Julián Victoriano Arce San Juan e, como denunciados, Celestino Cabello Jiménez, Alexandre Rosero Márquez, Salvador Callejón Ferrio e Tais Gómez Bautista.

Si foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido:

Que debo absolver e absolvo a Celestino Cabello Jiménez, Alexandre Rosero Márquez, Salvador Callejón Ferrio e Tais Gómez Bautista da falta que se lles imputaba, con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia os interesados poderán interpor recurso de apelación perante a audiencia provincial no prazo de 5 días desde a súa notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordeadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e se fixará domicilio legal para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas, expresaranse as razóns da indefensión. Así mesmo, deberá acreditarse ter pedida a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas,

sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Lévese testemuña literal ós autos da súa razón, quedanto o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintesete de abril de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

4091