Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.804

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (345/1996-3).

Eu, María Manuel García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela dou fe:

Que no incidente que se segue neste xulgado co número 345/1996-3, dictouse a sentencia, co encabezado e parte dispositiva da mesma son do teor literal seguinte:

Sentencia. En Santiago de Compostela, o vinte de marzo de mil novecentos noventa e oito, Ángel Pantín

Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemente civil de incidental seguido neste xulgado co nº 345/1996-3, no que actuaron como demandante Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, con domicilio en Santiago de Compostela, asistida polo letrado da Xunta de Galicia, e como demandadas as persoas decoñecidas e incertas ás que poida interesar a extinción da Fundación Luis Rodríguez Pérez, sen domicilo coñecido, comparecendo en parte como interesado, o Cottolengo del Padre Alegre, domiciliado en Santiago de Compostela, representado pola procuradora Carmen Losada Gómez e asistido pola letrada Cristina Cajade, sobre extinción da Fundación Luis Rodríguez Pérez. Decido que estimando a demanda presentada, debo acordar e acordo a disolución da Fundación Luis Rodríguez Pérez, sin facerse imposición das custas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a

audiencia provincial deste xulgado polo prazo de cinco días desde a súa notificación. Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado.

E para que conste e sirva de notificación o/os demandado/os rebelde/s persoas descoñecidas e incertas a quen poida interesar a extinción da Fundación Luis Rodríguez Pérez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

4388