Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Mércores, 27 de maio de 1998 Páx. 5.803

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE RIBEIRA

EDICTO (254/1997).

Eu, Marina Pilar García de Evan, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Ribeira certifico:

Que nos autos que logo se dirán, recaeu sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din:

«Sentencia. En Ribeira a cinco de febreiro de mil novencentos noventa e oito. Celia Carmen Rodríguez Arias, xuíza de provision temporal do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres dos desta localidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado co nº 254/1997. Citouse o Ministerio Fiscal, que estivo representado polo fiscal da Audiencia Provincial da Coruña. Foron igualmente citados en legal forma a denunciante Juana Fariña Fariña, e o denunciado José Benito García Losada.

Decido. Que debo absolver e absolvo a José Benito García Losada como autor dunha falta de estafa tipificada no artigo 623.4º do Código Penal. As custas decláranse de oficio. Así, por esta miña sentencia, que se notificará coas prevencións contidas no artigo 248.4º da Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a José Benito García Losada, expido e asino o presente edicto.

Ribeira, 27 de abril de 1998.

A secretaria

Rubricado

4102