Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.675

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (101/1997-09).

Nos autos de xuízo de faltas, seguidos neste xulgado co número 101/1997, díctase sentencia co

encabezamento e resolución do teor literal que segue: Santiago de Compostela o nove de xaneiro de mil novecentos noventa e oito. José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia. «Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 101/1997, seguidos neste xulgado sobre furto, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acusación pública, o denunciante Hermógenes Buelo Prada, e os denunciados José Daniel Herrero Martín e Celestino Cabello Jiménez. Seguen antecedentes de feito. Feitos probados. Fundamentos de dereito.

Decido que debo condenar e condeno a José Daniel Herrero Martín e Celestino Cabello Jiménez como autores dunha falta de furto, á pena de multa dun mes a cada un deles, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de duascentas pesetas e sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non pagadas. Así mesmo, condénoos ó pagamento pola metade das custas procesuais. Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa publicación no DOG, e para que lle sirva de notificación en forma ó condenado José Daniel Herrero Marín, expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

3956