Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.675

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (40/1998-3).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada con expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 40/1998-3 por instancia de Antolín Rodríguez Seoane, para facer constar no Rexistro da Propiedade a inmatriculación do predio en forma tal que a súa descrición sería a seguinte:

Local nº 4: piso 3º, destinado a vivienda da casa nº 7 A, da rúa Pasadizo de Brión, nesta cidade de Santiago de Compostela. Extensión: cen metros e sesenta decímetros cadrados, aproximadamente. Linda: polas súas costas, á terraza anexa ó local nº 2 ou piso 1º, sobre a cal ten servidume de luces e vistas; pola súa fronte, a rúa; dereita entrando, con predio dos Nogueira Mesejo; e esquerda, a casa nº 5 B da comunidade de propietarios. Cota de participación, o 20%. Libre de cargas.

Polo presente edicto cítase a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudicar a inscrición que se solicita co fin de que no termo de dez días, a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os efectos oportunos.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1998.

Rubricado

3948