Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.675

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE FERROL

EDICTO de poxa (160/1997).

Eu, Ana Mª Barcia Casanova, maxistrada-xuiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Ferrol e o seu partido, fago saber: que neste xulgado do meu cargo, e baixo o nº 160/1997 se seguen autos de xuízo executivo por instancia de Pedro Pita Balsa, representado pola procuradora María Susana Díaz Gallego, sobre reclamación de cantidade contra Hilario García Fernández nos cales, por resolusicón do día de hoxe, se acordou sacar a pública poxa por primeira vez e por termo de vinte días os bens embargados ó demandado que o final se dirán sinalándose para que teña lugar a celebración da primeira poxa o día 22 de xuño ás 12 horas na sala de audiencias deste xulgado sito no Pazo de Xustiza, r/ Coruña, s/n, 1º Dta. de Ferrol, baixo as seguintes condicións:

Condicións de poxa:

1. Servirá de tipo para poxa o valor da taxación pericial.

2. Para tomar parte na poxa, deberán consignar previamente os licitadores na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, nº 1559/17/160/97 da entidade bancaria BBV, oficina principal de Ferrol, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens, que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o cal non serán admitidos.

3. En canto á primeira e segunda poxas non se admitirán ofertas que non cubran as 2/3 partes da valoración. En canto á terceira, de existir licitador que non cubra as 2/3 partes da segunda, suspenderase a aprobación do remate de conformidade co disposto nos artigos 1506 a 1508 da L.A. civil.

4. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, que se depositarán na mesa do xulgado xunto co importe da consignación a que se refire a condición segunda.

5. Soamente o executante poderá facer ofertas en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

6. Os bens saen a poxa, por instancia da parte demandante, sen que se supliran os títulos de propiedade, e observarase o prevido na regra 5ª do artigo 140 do Regulamento hipotecario.

No caso de que non houbese licitadores ou oferta admisible na primeira poxa, sinálase para a celebración da segunda poxa o día 27 de xullo ás 12 horas, servindo de tipo para esta segunda poxa o da taxación pericial, rebaixado nun 25%, quedando subsistentes o resto das condicións.

A prevención de que a segunda poxa quedase deserta, sinálase para a celebración da terceira poxa o día 30 de setembro ás 12 horas, sen suxeición a tipo para coas limitacións establecidas no artigo 1506 L.A. civil.

No caso de que algunha das poxas non se puidese celebrar no día sinalado, entenderase prorrogada a

súa celebración para o seguinte día hábil, á mesma hora.

Sirva o presente edicto tamén de notificación ós debedores para o suposto de que resulte negativa a notificación a estes legalmente previda.

Bens obxecto de poxa.

Chalé destinado a vivenda sita no lugar de Montecoruto, nº 17 da Cabana, concello de Ferrol. Chalé de dúas plantas (semi-soto e piso), con garaxe nun galpón, construído nunha parcela de terreo de aproximadamente 1.000 metros cadrados. Taxado en 4.000.000 de pesetas.

Ferrol, 15 de maio de 1998.

A secretaria

Rubricado

3986