Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.676

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (32/1996).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela,

Dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo executivo de que se fará mención se dictou a sentencia que contén o encabezamento e resolución seguintes:

«Sentencia: en Santiago de Compostela o trece de xaneiro de mil novecentos noventa e oito, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta cidade e o seu partido, vistos os presentes autos de xuízo de cognición núm. 32/1996, seguidos entre partes, dunha, como demandante Necar, S.L. representada polo procurador García- Píccoli Atanes, e doutra, como demandados, José Antonio García Gómez e Mariano García Estévez.

Decido: que, estimando a denuncia presentada polo procurador Ricardo García-Píccoli Atanes, en nome e representación de Necar, S.L., contra José Antonio García Gómez e Mariano García Estévez, condeno os demandados a satisfacerlle á denunciante a cantidade de trescentas mil pesetas (300.000 ptas.) mailos xuros legais desde a interposición da denuncia con expresa imposición das custas procesuais ó demandado José Antonio García Gómez.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispón o artigo 733 da Lei de axuizamento civil».

E para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde José Antonio García Gómez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o trece de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado.

4752