Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 1998 pola que se anuncia, polo sistema de concurso por procedemento aberto, a adquisición de material mobiliario con destino á Facultade de Económicas e Empresariais da Universidade da Coruña. (Expediente 2/1998).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

2.1. a) Descrición do obxecto: adquisición de material mobiliario.

b) Lugar de entrega: Facultade de Económicas e Empresariais. Campus da Coruña.

C) Prazo de entrega: 45 días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total 26.036.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: Oficina de Información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio San Caetano s/n. Santiago de Compostela e delegacións provinciais.

6.2. Adquisición de pregos.

a) Teléfono: (981) 59 07 11.

b) Domicilio: Rúa Nova de Abaixo, 19. Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o víxésimo sexto día, contado a partir do seguinte día da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia ás 14 horas. Se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

C) Lugar de presentación:

1) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2) Domicilio: San Caetano s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día hábil contado desde a fin de prazo de presentación de proposicións. Se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil, a partir das 12 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 1998.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

4130