Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.654

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Tranvías del Ferrol, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Tranvías del Ferrol, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 7-4-1998, subscrito en representación de la parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 24-3-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de abril de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Tranvías del Ferrol, S.A.

Actividade: transporte de viaxeiros en autobús

Capítulo I

(Extensión e vixencia)

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo será de aplicación na empresa Tranvías del Ferrol, S.A., de Ferrol e

afectará a todo o persoal da empresa que non quede excluído pola aplicación da lexislación vixente. Será complementario da ordenanza laboral que encadra os servicios de transporte por estrada.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O convenio entrará en vigor o día da súa publicación no BOP ou no Diario Oficial de Galicia indistintamente. Non obstante, producirá efectos económicos a partir do día 1 de xaneiro de 1998. A súa duración será ata o día 31 de decembro do 2000.

Revisión e rescisión

Artigo 3º.-Revisión, rescisión ou prórroga.

Calquera das partes poderá formular denuncia propoñendo revisión ou rescisión cunha antelación de un mes, como mínimo, respecto da data de expiración do período de vixencia ou de calquera das súas prórrogas. No caso de prorrogarse pola tácita, a prórroga do convenio levará consigo o incremento de tódolos conceptos económicos pactados, equivalente ó índice de prezos de consumo dos doce meses inmediatamente anteriores.

Artigo 4º.-Respecto de dereitos.

Respectaránselles a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas, en canto determinen maiores dereitos dos concedidos por este convenio respecto das materias obxecto de regulación, incluído o plus de distancia.

Capítulo II

Condicións económicas

Artigo 5º.-Retribucións.

Os salarios para o presente convenio establécense incrementando sobre o ano anterior a seguinte progresión:

-Ano 1998: IPC real máis 1,75 puntos.

-Ano 1999: IPC real máis 1,75 puntos.

-Ano 2000: IPC real máis 1,75 puntos.

O salario conformarase cada ano aumentando o IPC previsto oficialmente para el e se o 31 de decembro respectivo sufrise variación, rectificarase esta para establece-lo IPC real. Esta rectificación levarase a cabo tan pronto como a constate o INE e terá efectos desde o primeiro de xaneiro do ano correspondente, repercutindo a mesma variación na masa salarial.

As táboas salariais quedan configuradas no anexo I.

Capítulo III

Disposicións varias

Artigo 6º.-Aumentos por antigüidade.

Os premios por antigüidade para cada categoría profesional son os establecidos no anexo II. Producirán efecto a partir do día 1 do mes en que vence

a antigüidade. O persoal ingresado a partir do 1 de xaneiro de 1995 non devengará aumentos por antigüidade.

Artigo 7º.-Tempo de presencia.

A valoración do tempo de presencia, para o período que abrangue este convenio, establécese, para cada categoría profesional afectada, nas cantidades reflectidas no anexo III. O valor A aplicarase ós días laborables e o valor B ós domingos e festivos.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias, correspondentes ás pagas de verán e Nadal, consistirán en trinta días do salario de convenio establecido no anexo I, e a antigüidade que a cada traballador lle corresponda consonte o anexo II.

Artigo 9º.-Beneficios.

En concepto de participación nos beneficios sinálase un 10% anual, calculado sobre o salario de convenio e a antigüidade, incluídas as gratificacións extraordinarias. Aboarase por semestres vencidos, a principio dos meses de abril e outubro de cada ano.

Artigo 10º.-Gratificación especial por quebranto de moeda.

En concepto de quebranto de moeda, os cobradores percibirán mensualmente 3.554 ptas., e os conductores-perceptores, 4.075 ptas. Os valores totais anuais por este concepto son os que figuran no anexo VII.

Artigo 11º.-Traballos realizados en domingos e festivos.

Os xornais dos domingos e días festivos establécense na contía sinalada no anexo IV deste convenio, sen prexuízo da concesión dun día laborable para o descanso semanal.

Artigo 12º.-Plus de máquina.

Os conductores-perceptores percibirán por este concepto un plus mensual na contía de 15.766 pesetas que se percibirá igualmente nas vacacións anuais. Cando por conveniencia da empresa, atendendo ás necesidades do servicio, un conductor-perceptor fose destinado a unha liña na que unicamente tivera que desempeña-las funcións de conductor ou cobrador, seguirá percibindo este complemento salarial.

Artigo 13º.-Plus de nocturnidade.

Queda fixado nos valores que se reflicten no anexo V.

Artigo 14º.-Plus de desgaste-ferramentas.

Todo o persoal que preste os seus servicios no taller percibirá por este concepto a cantidade de 4.167 ptas. mensuais, que se percibirán igualmente nas vacacións anuais.

Artigo 15º.-Vacacións.

Tódolos traballadores da empresa Tranvías de Ferrol, S.A., sen distinción de emprego nin categoría, que leven un ano de antigüidade na empresa, desfrutarán dun período de vacacións regulamentarias igual a trinta día naturais, que será, ademais, o tope máximo de vacacións para todo o persoal e serán retribuídas a razón de salario de convenio, antigüidade e plus de ferramenta ou plus de máquina, se é o caso.

A quenda de vacacións distribuirase do seguinte xeito: os meses de maio a setembro, ámbolos dous incluídos, formarán o tempo de verán e os restantes o de inverno. Cada traballador desfrutará as súas vacacións alternando cada ano o tempo de verán ou inverno e rotando o mes de cada tempo.

O persoal con menos dun ano de antigüidade na empresa, desfrutará, dentro do primeiro ano natural de prestación dos seus servicios, da parte proporcional de vacacións.

Artigo 16º.-Licencias retribuídas.

a) Tres días en caso de falecemento do cónxuxe, parella, pais e fillos, tanto carnais como políticos.

b) Dous días en caso de falecemento de irmáns, avós e netos, tanto carnais coma políticos.

c) Dous días laborables en caso de nacemento dun fillo.

d) Dous días por enfermidade grave do cónxuxe, parella, pais e fillos, tanto carnais coma políticos.

e) Un día en caso da voda dun fillo, coincidindo co día da cerimonia.

f) Un día de licencia para o caso de renova-lo carné de conducir.

Para o resto de licencias observarase o disposto no Estatuto dos traballadores, Lei 8/1980.

Cando por tal motivo o traballador teña que realizar un desprazamento fóra da provincia, o prazo será ampliado en dous días máis.

Logo da xustificación suficiente, establécese a posibilidade de desfrute dun permiso non retribuído para a resolución de asuntos particulares que non admitan demora ata a data das vacacións regulamentarias do traballador.

Este permiso non poderá ser superior a sete días e non será acumulable ás vacacións nin a calquera outra licencia estatutariamente establecida. O traballador terá a obriga de solicitalo cunha semana de antelación, comunicándollo simultaneamente ó comité de empresa, o cal poderá pronunciarse ante a empresa, na forma que considere conveniente, sobre a referida solicitude. A empresa, se non concorren circunstancias razoables que llo impidan, deberá concede-lo permiso solicitado.

Artigo 17º.-Xornada laboral.

A xornada anual de traballo durante a vixencia do presente convenio será de 1.826 horas e 27 minu

tos de traballo efectivo, equivalente a 40 horas semanais.

Ámbalas partes comprométense a iniciar un estudio de cara a alcanzar un acordo que posibilite a implantación de xornada partida, para novas actividades da empresa, que afectaría de forma rotativa a unha porcentaxe do cadro de persoal de movemento.

Artigo 18º.-Garantías no traballo.

Todo conductor ou conductor-perceptor, se é o caso, que conducindo un vehículo da empresa cometa unha infracción que implique a retirada do carné de conducir, terá dereito a desempeñar, sen perda da súa categoría profesional, o posto que, eventualmente, lle puidera asigna-la empresa. Para iso será necesario o previo informe favorable do comité de empresa que deberá de pronunciarse sobre as circunstancias que en cada caso concorran.

Artigo 19º.-Pases de libre circulación.

As esposas ou esposos, se é o caso, fillos, viúvas, xubilados, pensionistas de longa enfermidade e invalidez e os fillos orfos de traballadores que o soliciten, terán dereito a un pase gratuíto para viaxar nos vehículos da empresa. No que respecta ós fillos e orfos, gozarán de tal beneficio ata os 26 anos, sempre e cando acreditasen a súa necesidade en función de estudios que estivesen realizando. Se algún dos beneficiarios traballase, perdería tal beneficio, agás se estivese realizando aprendizaxe, caso no que se lle respectará ata a idade que sinale a ordenanza laboral para as empresas de transportes por estrada, facendo extensivos estes beneficios para os fillos dos xubilados ou pensionistas de longa enfermidade e invalidez.

Artigo 20º.-Libre acceso ós vehículos.

Tódolos traballadores da Compañía de Tranvías del Ferrol, con presentación da tarxeta de identidade da empresa, terán libre acceso ós vehículos desta.

Artigo 21º.-Uniformes.

A empresa dotará a todo o persoal da uniformidade, conforme se especifica a seguir, debendo vestir con limpeza e propiedade.

Cada dous anos entregaráselle ó persoal de movemento un uniforme completo composto de dúas chaquetas, dous pantalóns e catro camisas.

Dotaráselle de botas de seguridade e fundas a todo o persoal de talleres. Manterase nas actuais condicións a entrega de anorak.

Capítulo IV

Previsión

Artigo 22º.-Complemento de indemnización.

Aboamento da I.T. nos casos de baixa por accidente de traballo e enfermidade común.

Os quince primeiros días de ILT por enfermidade común, a empresa complementará as prestacións ata

o 100%, sobre os conceptos do soldo e antigüidade.

A partir do día quince de baixa, aboarase o 100% sobre os conceptos de soldo, antigüidade, plus de máquina, domingos e festivos no caso dos conductores, e no caso do persoal de taller, a nocturnidade. Este mesmo tratamento aplicarase nos casos de hospitalización e accidente de traballo, desde o primeiro día. O cálculo farase sempre sobre cómputo mensual teórico.

No caso de que o goberno varíe a normativa actual de aboamento da ILT, ámbalas partes están obrigadas á revisión deste acordo.

Artigo 23º.-Defunción.

Cando un traballador faleza, estando en activo, a empresa aboaralles ós familiares que estean convivindo co falecido, o importe de trinta días de salario de convenio, incrementado coa antigüidade. Esta cantidade pagaráselles, exclusivamente, ós familiares que mantivesen co falecido o grao de consanguinidade e segundo a orde que se indica:

1. Cónxuxe viúvo.

2. Fillos.

3. Pais.

Capítulo V

Participación dos traballadores

Artigo 24º.-Do comité de empresa.

1. O comité de empresa, como órgano representativo, colectivo e unitario de tódolos traballadores da empresa, ten como función fundamental a defensa dos intereses dos seus representados, así como a negociación e representación perante a dirección da empresa. O comité de empresa terá as seguintes competencias:

1.1. Recibir información, que lle será facilitada trimestralmente, polo menos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o seu programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

1.2. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, dos demais documentos que se dean a coñecer ós socios, e nas mesmas condicións que a estes.

1.3. Emitir informe con carácter previo á execución por parte do empresario das decisións adoptadas por este, sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuración de cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquel.

b) Reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Plans de formación profesional da empresa.

d) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control de traballo.

e) Estudio de tempos, establecementos de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

1.4. Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

1.5. Coñece-los modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa, así como os documentos relativos ó remate da relación laboral.

1.6. Ser informados de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

1.7. Coñecer, trimestralmente polo menos, as estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, os índices de sinistralidade, os estudios periódicos ou especiais do medio ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilizan.

1.8. Exercer un labor:

a) De vixilancia no cumprimento das normas vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e emprego, así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresas en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas perante o empresario e os organismos ou tribunais competentes.

b) De vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa, coas particularidades previstas polo artigo 19 do Estatuto dos traballadores.

1.9. Participar, como se determina por convenio colectivo, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

1.10. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade, de acordo co pactado nos convenios colectivos.

1.11. Informar ós seus representados en tódolos temas e cuestións sinaladas no número 1 en canto directa ou indirectamente teñan ou poidan ter repercusións nas relacións laborais.

2. Os informes que deba emiti-lo comité, a teor das competencias recoñecidas nos apartados 1.3 e 1.4 do número 1 anterior, deben elaborarse no prazo de quince días.

3. O texto íntegro dos convenios que cheguen a ser asinados expoñerase no taboleiro de anuncios, permanecendo nel durante a súa vixencia. Á parte disto, facilitaráselle a cada traballador un exemplar do convenio vixente.

4. Asembleas: a empresa autorizará a celebración de catro asembleas ordinarias ó ano, que se celebrarán dentro do recinto dos seus locais e fóra das horas de traballo, para dar información xeral. O número de asembleas poderá ser ampliado con outras extraordinarias, para tratar temas de convenios ou conflictos colectivos, sempre que o comité de empresa xustifique a súa necesidade ante ela. A petición para a celebración de cada asemblea ordinaria deberá ser presentada á empresa cun mínimo de antelación de 48 horas. A petición para as extraordinarias poderá facerse en calquera momento antes da súa celebración.

O comité de empresa poderá estar asistido, para os efectos do parágrafo anterior, polos asesores dos seus sindicatos respectivos. O comité de empresa garantirá a orde e será responsable das deterioracións que puidesen producirse nas instalacións e material.

Artigo 25º.-Cota sindical.

A empresa, por petición dos seus traballadores afiliados ás centrais sindicais que conten cunha afiliación, no seo da empresa, non inferior ó 10% do cadro de persoal, descontará a cota sindical correspondente directamente do recibo de salarios, depositando as cotas nas contas bancarias que, para o efecto, sinalen as centrais sindicais correspondentes, e sempre que a dita conta estea situada nun banco que teña sucursal en Ferrol.

Da comisión paritaria

Artigo 26º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do presente convenio. As súas funcións serán:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidos por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal poidan corresponderlles ós organismos competentes.

4. Vixilancia do cumprimento do pactado.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión paritaria terán carácter vinculante.

En caso de dúbida ou discrepancia a comisión elevaría consulta á autoridade laboral competente.

A comisión comporase de catro vocais, dous por cada parte, de entre os que actuaron na deliberación do presente convenio. Levantaranse actas dos acordos e resolucións que adopte a comisión, que deberán ser asinadas polas persoas que interveñan.

Poderán nomearse asesores por cada representación, aínda que estes non teñan dereito a voto.

A comisión, en primeira convocatoria, non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais, e en segunda, o seguinte día hábil, actuará cos que asistan, tendo voto unicamente en número paritario dos vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, poñéndose de antemán de acordo sobre o lugar, día e hora da reunión.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do presente convenio.

Disposición derradeira

Artigo 27º.-Disposición derradeira.

As condicións aquí pactadas son, en conxunto, máis favorables cás mínimas legais que ó traballador corresponden, formando un todo indivisible. Para efectos da súa aplicación, serán consideradas globalmente.

Estas condicións absorben e compensan as que anteriormente rexesen por disposición legal, mellora pactada ou unilateralmente concedida pola empresa, contrato individual ou calquera outra causa.

Así mesmo, as melloras económicas aquí establecidas absorberán e compensarán globalmente as que puidesen establecerse durante a vixencia deste convenio por calquera disposición obrigatoria.

ANEXO I

Salario convenio

CategoríasSalario mes/día

Administración

Xefe de servicios132.512 mes
Xefe de negociado130.042 mes
Oficial de 1ª121.836 mes
Oficial de 2ª119.698 mes
Auxiliar Admón.114.632 mes

Movemento

Xefe de tráfico132.281 mes
Inspector 3.754 día
Cobrador 3.661 día
Conductor-perceptor 3.732 día

Taller

Xefe de taller132.281 mes
Xefe de equipo 4.106 día
Oficial de 1ª 3.732 día
Oficial de 2ª 3.706 día
Oficial de 3ª 3.677 día
Mozo 3.652 día

4664