Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.650

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector dos fabricantes de mobles de Ourense para o ano 1998.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de fabricantes de mobles (código nº 3200185) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Fabricantes de Mobles de Ourense, e da parte social polas centrais sindicais, Femca-UGT e Fecoma-CCOO, todas elas con capacidade suficiente para o asinar, na reunión celebrada o día 11-2-1998 e de conformidade co disposto no Art. 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa incrición no Rexistro de Convenios Colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 15 de abril de 1998.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo de fabricantes

de mobles 1998

Artigo 1º.-De conformidade co Estatuto dos traballadores, o presente convenio afectará a tódolos traballadores do sector de fabricantes de mobles non

excluídos expresamente por el e dentro do ámbito das empresas radicadas en Ourense e provincia ou que no futuro se establezan, dedicadas á ebanistería, carpintería e tapicería.

Quedan excluídos do presente convenio:

O persoal de alta dirección ou alto consello e os socios de empresas que revistan a forma xurídica de sociedade.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha duración en canto ós seus efectos económicos de dous anos entrando en vigor o 1 de xaneiro de 1997 e terminando o 31 de decembro de 1998, se ben os seus efectos económicos retrotraeranse ó 1 de xaneiro de 1997, manténdose a súa vixencia en canto ós seus efectos normativos ata o ano 2000, en tanto en canto non se negocie outro que o substitúa. O convenio denunciarase con tres meses de antelación á finalización da vixencia. A forma de denuncia será por medio de comunicación dunha parte á outra na que se fará consta-la pretensión de denuncia-lo convenio, a representación que ostenta para negociar, así como as materias que se vaian negociar.

Artigo 3º.-Compensación e absorción.

As melloras resultantes deste convenio serán absorbidas ata onde chegue o cómputo anual con aqueloutras condicións que puidesen establecerse por disposición legal, salvo cando expresamente se pacte o contrario.

Artigo 4º.-Xornada laboral.

1. A duración da xornada anual de traballo efectivo no presente convenio colectivo será no ano 2000 de 1.780 horas. En consecuencia e debido á adaptación prevista no acordo xeral da madeira, as xornadas laborais de traballo hasta o ano 2000 serán as seguintes:

1998 - 1.788 horas.

1999 - 1.784 horas.

2000 - 1.780 horas.

2. As ditas xornadas considéranse de traballo efectivo.

Artigo 5º.-Vacacións.

O tempo anual de vacacións será de trinta días naturais a salario real ou a parte proporcional que corresponda no caso de levar traballando o ano requirido para o desfrute pleno deste dereito.

O total de días anuais de vacacións repartiranse para os efectos de desfrute con carácter xeral da seguinte forma: 15 días seguidos para desfrutar no verán.

O resto a desfrutar de acordo entre traballador e empresa, atendendo de forma prioritaria as necesidades de producción.

Deberá facerse público cun mínimo de dous meses á data das vacacións.

A retribución que se percibirá por vacacións comprenderá a media da totalidade das retribucións salariais percibidas durante o trimestre natural inmediatamente anterior á data do desfrute das vacacións, a excepción das horas extraordinarias e as gratificacións extraordinarias.

Os traballadores que cesen durante o transcurso do ano terán dereito a que, na liquidación que se lles practique no momento da baixa na empresa, se integre o importe da remuneración correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas.

Polo contrario, e nos cesamentos de carácter voluntario, se o traballador desfrutase das súas vacacións, a empresa poderá deducir da liquidación que se lle practique os días de exceso desfrutados, en función do tempo de prestación de actividade laboral efectiva durante o ano.

Para efectos do devengo de vacacións considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal, sexa cal for a causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute das vacacións caduca co trascurso do ano natural, perderase se ó seu vencemento o traballador continuase de baixa, aínda que manterá o dereito a percibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de incapacidade temporal de ser aquela de superior contía. O mesmo criterio aplicarase para os supostos de cesamentos de finalización do contrato.

Conceptos retributivos.

Artigo 6º.-Salario.

As táboas retributivas para os anos 1997 e 1998 incrementaranse no índice de prezos ó consumo oficial dos últimos 12 meses precedentes ó 31 de decembro dos anos indicados, ós que se lles engadirá ademais a parte correspondente á compensación por supresión da antigüidade e o rateo da paga de marzo que desaparece como tal.

Artigo 7º.-Antigüidade.

1. A partir do 30 de setembro de 1996 non se devengarán por este concepto novos dereitos, quedando, por tanto, suprimido.

Non obstante, os traballadores que xerasen antes do 30 de setembro do 1996 novos dereitos e contías en concepto de antigüidade, manterán a cantidade consolidada na dita data. A dita contía quedará reflectida na nómina de cada traballador como complemento personal, baixo o concepto de antigüidade consolidada, e non será absorbible nin compensable.

Para compensa-la perda económica que supón a desaparición deste concepto calcularase o equivalente a 8 anos (isto é segundo o criterio da antiga ordenanza laboral, 1 quinquenio máis tres quintas partes doutro quinquenio), das bases e porcentaxes de concepto de antigüidade de cada convenio de

ámbito inferior ó presente ou, no seu defecto, das procentaxes da ordenanza laboral.

A contía resultante dividirase entre cinco.

A contía resultante de efectua-la operación anterior será a que se engadirá ó importe anual do salario base durante os cinco primeiros anos.

A compensación da antigüidade para 1998, 1999 e 2000 será a seguinte:

Peón: 1.330 ptas. mensuais.

Axudante: 1.448 ptas. mensuais.

Oficial segunda: 1.484 ptas. mensuais.

Oficial primeira: 1.489 ptas. mensuais.

Encargado: 1.525 ptas. mensuais.

Auxiliar Advo.: 1.448 ptas. mensuais.

Advo. de segunda: 1.484 ptas. mensuais.

Advo. de primeira: 1.489 ptas. mensuais.

Transcorridos os cinco anos desaparecerán as ditas contías e a antigüidade quedará cos valores que tiveran o 30 de setembro de 1996, quedando así fixada no sucesivo.

En canto ó valor do quinquenio será o seguinte:

Peón: 59.136 ptas./ano.

Axudante: 64.351 ptas./ano.

Oficial segunda: 65.961 ptas./ano.

Oficial primeira: 66.195 ptas./ano.

Encargado: 67.779 ptas./ano.

Auxiliar Advo.: 64.351 ptas./ano.

Advo. de segunda: 65.961 ptas./ano.

Advo. de primeira: 66.195 ptas./ano.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e xullo seránd e 30 días de salario base máis antigüidade.

Considéranse gratificacións extraordinarias os complementos salariais de vencemento periódico superior ó mes.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga de verán e paga de Nadal, que serán aboadas, respectivamente, antes do 30 de xuño e 20 de decembro, e devengaranse por semestres naturais, e por cada día natural no que se devengase o salario.

Devengo de pagas:

Paga de verán: do 1 de xaneiro ó 30 de xuño.

Paga de Nadal: do 1 de xullo ó 31 de decembro.

A contía dos ditos complementos será a que se especifique para cada un dos grupos ou niveis nas táboas deste convenio incrementada coa antigüidade que corresponda.

Ó persoal que ingrese ou cese na empresa faráselle efectiva a parte proporcional das gratificacións extraordinarias conforme os criterios anteriores, no momento de realiza-la liquidación de haberes.

Artigo 9º.-Indemnización por desgaste de ferramentas.

Establécese unha indemnización por desgaste de ferramentas para aqueles traballadores ós que non lles sexan facilitadas pola empresa, consistente en 39 ptas. por día efectivo de traballo, para o oficial, e de 20 ptas., para o axudante. A empresa determinará os casos de achega de ferramentas polo traballador.

Artigo 10º.-Permisos e licencias.

Establécese un permiso retribuído nos casos que se indica e polo tempo que se sinala:

Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogros: 3 días naturais, ampliables ata 5 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avós: 3 días naturais ampliables ata 5 naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticos: 2 días naturais ampliables ata 4 días naturais no caso de desprazamento superior a 150 km.

Enfermidade grave de noras, xenros, cuñados e avós políticos: 2 días naturais ampliables ata 4 días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

Nacemento de fillo ou adopción: 3 días naturais, ampliables a 5 días naturais en caso de desprazamento superior a 150 km.

Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

Cambio de domicilio habitual: 1 día laborable.

Deber inescusable de carácter público e persoal: o indispensable ou o que marque a norma.

Lactación ata nove meses: ausencia dunha hora ou dúas fraccións de media hora, reducción da xornada en media hora.

Traslado: (Art. 40 ET): 3 días laborables.

Matrimonio de fillos: 1 día natural.

Funcións sindicais ou de representación de traballadores: o establecido na norma.

O tempo necesario para acudir ó médico presentando a xustificación correspondente.

Artigo 11º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralles a tódolos traballadores as pezas de roupa de seguridade a que houbese lugar adaptadas ós distintos postos de traballo. A roupa de traballo e as pezas de seguridade reporanse sem

pre que sexa necesario, cando o seu grao de deterioración non sexa imputable a neglixencia por parte do traballador. Estas pezas serán sempre propiedade da empresa e o traballador virá obrigado á boa conservación e emprego.

Artigo 12º.-Axudas de custo.

A axuda de custo é un concepto de devengo extrasalarial de natureza indemnizatoria ou compensatoria e de carácter irregular, que ten como finalidade o resarcimento ou compensación dos gastos de manutención e aloxamento do traballador ocasionados como consecuencia da situación de desprazamento.

O traballador percibirá axuda de custos completa cando, como consecuencia do desprazamento, non poida pasa-la noite na súa residencia habitual. Devengarase sempre po día natural.

Devengarase media axuda de custos cando, como consecuencia do desprazamento o traballador afectado teña necesidade de comer fóra da súa residencia habitual e non lle fose subministrada pola empresa, e poida pasa-la noite na citada residencia. A media axuda de custos devengarase por día efectivo de traballo.

As axudas de custo ou medias axudas de custo percibiranse sempre con independencia da retribución do traballador.

Ó persoal afectado por este convenio seralle aboado en caso de desprazamento fóra do seu centro de traballo habitual os gastos ocasionados e debidamente xustificados.

Artigo 13º.-Retribucións de menores.

O contrato de aprendizaxe que realicen as empresas comprendidas dentro do ámbito funcional do presente convenio terá por obxecto a formación práctica e teórica do traballador contratado. O dito traballador non deberá ter ningún tipo de titulación, xa sexa superior, media, académica ou profesional relacionada co posto de traballo que se vaia desempeñar.

O contido do contrato, ó igual que as súas posibles prórrogas, deberá formalizarse por escrito, e figurará nel, de modo claro, a actividade ou profesión obxecto da aprendizaxe.

En ningún caso se poderá realizar este tipo de contrato naquelas actividades nas que concorran circunstancias de tipo tóxicas, penosas, perigosas ou nocturnas. Tamén estará prohibida a realización de horas extraordinarias.

A idade do traballador, cun contrato destas circunstancias, non poderá ser inferior a 16 anos nin superior a 22 anos.

A) A duración máxima será de 3 anos, xa sexan alternos ou continuos, cunha ou varias empresas dentro do ámbito funcional do sector do presente convenio.

B) Non se poderán realizar contratos de duración inferior a 6 meses podendo prorrogarse ata 3 veces por períodos como mínimo de 6 meses.

C) Este tipo de contrato realizarase a tempo completo. O 15% do total da xornada dedicarase á formación teórica. Concretarase no contrato as horas e días dedicados á formación. Así mesmo, especificarase o centro formativo, se é o caso, encargado do ensino teórico.

O ensino teórico, a ser posible deberá ser previo á formación práctica ou alternarse con esta forma racional.

No contrato deberá figura-lo nome e a categoría profesional do titor ou monitor encargado da formación práctica. O titor deberá velar pola adecuada formación do aprendiz así como de tódolos riscos profesionais.

O traballo efectivo que preste o traballador na empresa deberá estar relacionado coa especialidade ou obxecto do contrato.

O salario que percibirá o aprendiz será o 75%, 85% e 95% do salario do axudante ou categoría equivalente do presente convenio, durante o primeiro, segundo ou terceiro ano do contrato, respectivamente.

No caso de cesamento na empresa, entregaráselle ó traballador un certificado referente á formación teórica e práctica adquirida, en que constará a duración dela.

Artigo 14º.-Vinculación a totalidade.

No caso de non ser autorizado pola autoridade laboral competente algún dos preceptos deste convenio, este quedará sen efecto debendo considerarse o seu contido total.

Artigo 15º.-Póliza de seguros.

As empresas están obrigadas a concertar con primas íntegras ó seu cargo, no prazo de tres meses a partir da contratación do traballador, unha póliza de seguros para a cobertura dos riscos de morte e incapacidade para todo tipo de traballo dos traballadores por accidente laboral incluído ou in itinere que lle garanta ó traballador accidentado ou ós seus habentes causa no caso de morte e invalidez para todo tipo de traballo por causa fortuíta, espontánea e exterior á vontade do traballador, a percepción da indemnización seguinte:

1.500.000 ptas. en caso de morte.

2.500.000 ptas. en caso de incapacidade para todo tipo de traballo.

Esta compensación é compatible coa pensión ou indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social ou Montepío. Non obstante, as indemnizacións a que se fai mención neste artigo non se considerarán como entrega a conta da indem

nización que, se é o caso, puidesen declarar con cargo ás empresas os tribunais de xustiza, unha vez exista sentencia definitiva, sobresemento ou renuncia de accións.

Artigo 16º.-Situacións de incapacidade laboral.

Tódolos traballadores afectados por este convenio, en caso de accidente laboral, con ou sen hospitalización, percibirán polo período de ILT a cargo da empresa o 100 por cento do salario desde o día 10 ata o 70 ambos inclusive. Para os supostos de enfermidade común e enfermidade profesional percibirán en caso de IT a cargo da empresa o 100 por cento do salario desde o día 20 ó 60 ambos inclusive.

Artigo 17º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión mixta paritaria para a interpretación deste convenio, constituída polos membros asinantes do presente convenio.

Artigo 18º

No non previsto no presente convenio colectivo haberá que se ater ó disposto no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no convenio estatal da madeira asinado o 21 de marzo de 1996 entre as centrais sindicais UGT, CC.OO. e CONEMAC como dereito de directa aplicación para todas aquelas cuestións non recollidas no presente convenio provincial e que afectan as empresas e traballadores do correspondente ámbito territorial.

Artigo 19º.-Sistema de contratación.

Durante a vixencia do presente convenio, a conversión en indefinidos daqueles contratos que se concertasen con carácter temporal ou por duración determinada acollerase ó disposto no apartado b), parágrafo 2º da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo e o fomento da contratación indefinida, en virtude do cal os ditos contratos quedarán incluídos no réxime previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Disposicións transitorias

Primeira.-En relación coa duración do convenio sinalada no artigo 2º do presente convenio sinálase que para efectos do incremento salarial as partes reuniranse a primeiros de ano co obxecto de aplica-lo IPC correspondente ó ano anterior e fixa-las táboas salariais dese ano, tendo en conta que para efectos de incremento salarial a duración do convenio será de dous anos; é dicir ata o 31 de decembro de 1998 e nos termos que sinala a disposición adicional primeira do convenio estatal da madeira, data a partir da cal, en caso de ser denunciado o convenio, se reunirán as partes para a negociación do incremento salarial.

Segunda.-Como consecuencia de encontrarse recorrido o mencionado acordo xeral da madeira ante o T.S., este será de directa aplicación ás empresas e traballadores da provincia de Ourense en tanto en canto non sexa revogado ou declarado nulo polo Tribunal Supremo ou Tribunal Constitucional; nese caso reunirase a comisión paritaria do convenio para tratar de forma específica a compensación aboada polas empresas en concepto de antigüidade e achar unha solución a esta.

Disposición adicional

Primeira.-Os atrasos do presente convenio serán aboados nun prazo non superior a 30 días desde a súa publicación no BOP.

Segunda.-Co fin de axusta-lo calendario laboral anual ó presente ano 1998, fíxanse como días non laborables: 20 de marzo, a tarde do 8 de abril; 7 de setembro e 24 e 31 de decembro, salvo acordo entre empresa e traballadores para a fixación doutros distintos. No caso de non ter desfrutado como día libre o 20 de marzo, por non se ter publicado o convenio, sinálase como día libre en substitución deste o 25 de setembro, salvo acordo entre partes para a fixación doutro distinto.

Terceira.-O rateo da paga de marzo suporá para cada traballador segundo a súa categoría profesional as seguintes cantidades:

Peón: 2.214 ptas./mes.

Axudante: 2.410 ptas./mes.

Oficial de segunda: 2.470 ptas./mes.

Oficial de primeira: 2.479 ptas./mes.

Encargado: 2.538 ptas./mes.

Auxiliar administrativo: 2.410 ptas./mes.

Administrativo de segunda: 2.470 ptas./mes.

Administrativo de primeira: 2.479 ptas./mes.

Disposición derradeira

Faise constar que nas cantidades que se sinalan no anexo I do presente convenio como salario base do convenio xa está incluído o rateo da paga de marzo, figurando na disposición adicional terceira a cantidade que lle corresponde a cada traballador de forma orientativa.

Cláusula de submisión ó AGA

Dada a importancia que poida ter para a resolución pacífica dos conflictos laborais a elaboración do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos colectivos de traballo AGA, asinado entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais CC.OO., UGT e a CIG, as partes asinantes deste convenio, durante a vixencia del acordan someterse ás disposicións contidas no AGA nos propios termos en que están formulados.

Táboa salarial

CategoríaS.B. C.A. Total

Peón90.2841.33091.614
Axudante98.2451.44899.693
Oficial de segunda100.7041.484102.188
Oficial de primeira101.0601.489102.550
Encargado103.4791.525105.004
Auxiliar Advo.98.2451.44899.693
Advo. de segunda100.7031.484102.188
Advo. de primeira101.0601.489102.550

3605