Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Luns, 25 de maio de 1998 Páx. 5.660

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 20 de abril de 1998 pola que se convoca o II Certame Galego de Ensaio Xuventude 98 Martín Codax, Mendinho e Johán de Cangas.

O Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de cultura, especifica no seu anexo I.B.3.h que aquela asume as competencias de promoción e organización de actividades de animación sociocultural no ámbito artístico, artesanal, turístico e de aire libre, dirixidas ós sectores da xuventude, infancia, terceira idade e sectores marxinados.

Neste marco competencial, o ámbito cultural e artístico no que respecta á xuventude é compartido conxuntamente polas consellerías de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, que a través da Dirección Xeral de Xuventude desenvolve o programa Fomento da actividade xuvenil, que ten entre os seus obxectivos básicos promociona-la actividade cultural e artística entre a nosa xuventude, e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, a través da súa Dirección Xeral de Promoción Cultural, que ten, entre outras funcións a de colaborar no desenvolvemento do teatro, a danza, a música, as artes líricas e coreográficas, así

como a posta en práctica de medidas de apoio para os artistas, de acordo co Decreto 488/1997, do 26 de decembro, e o Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, polos que, respectivamente, se establece a estructura orgánica de cada unha das ditas consellerías.

Polo exposto, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, consciente da importancia que ten facilitar vías polas que poida manifestarse a actividade e inquedanza artística individual e colectiva da mocidade galega, e contando coa colaboración da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, dada a natureza das actividades que se van realizar, convoca unha serie de certames, concursos e mostras que abranguen un amplo abano de manifestacións de carácter artístico e artesanal e que constitúen o programa Certames e Mostras Xuventude 98.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude convoca o II Certame Galego de Ensaio Xuventude 98 Martín Codax, Mendinho e Johán de Cangas, segundo as bases que se establecen no anexo I desta orde, onde se regulan os aspectos relativos á participación, condicións xerais que van rexer na res

pectiva convocatoria, inscricións, desenvolvemento, premios e xurado.

Artigo 2º

As actividades que impliquen o desenvolvemento deste certame serán custeadas con cargo á partida orzamentaria 14.05.355B.640.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

II Certame Galego de Ensaio Xuventude 98 Martín Codax, Mendinho e Johán de Cangas

I. Bases:

1. Poden participa-los rapaces e mozos galegos ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, establecéndose as seguintes categorías de idade:

Categoría A: de 14 ata os 17 anos.

Categoría B: dos 18 ós 30 anos.

Tódalas idades considéranse cumpridas o 31-12-1998.

2. Os concursantes deberán formula-la súa solicitude no impreso normalizado que se indica no anexo II e remitirán os seus traballos sen consignar datos persoais, identificándoos cun lema. O lema repetirase no exterior dun sobre pechado dentro do que figurarán o boletín de inscrición que se indica no anexo III, cos datos persoais do concursante, xunto cunha fotocopia do seu DNI por ámbolos dous lados, ou fotocopia do libro de familia na folla que corresponde ó participante.

3. Os participantes remitirán os orixinais e o sobre pechado ó Servicio de Xuventude da delegación da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia na que teñan establecida a súa residencia habitual, ou na que radique o colexio, instituto ou asociación xuvenil no caso de grupos, podendo ser:

Ronda da Muralla, 70-27003 Lugo.

Avda. da Habana, 81-baixo 32004 Ourense.

R/ Durán Loriga, 9-1º 15003 A Coruña.

R/ Mª Berdiales 20-entreplanta 36203 Vigo.

indicando no sobre «para o Certame de Ensaio Martín Codax, Mendinho e Johán de Cangas», ata o 30 de xuño de 1998.

II. Desenvolvemento:

O certame obxecto da presente convocatoria desenvolverase a través da Delegación Provincial da Con

sellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo coa colaboración da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

No mes de novembro de 1998 na cidade de Lugo, procederase por parte do xurado deste certame ó nomeamento e entrega de premios ós finalistas nas distintas categorías que se establecen nas bases.

III. Premios:

1. Traballos en galego, individuais ou de grupos de mozos de asociacións xuvenís, culturais ou de alumnos de BUP, COU, FP e da universidade (40 xoves como máximo por grupo), sobre Martín Codax, Mendinho e Johán de Cangas.

Os traballos presentaranse en folios DIN A4 a dobre espacio.

2. Establécense os premios seguintes:

Categoría A:

Premios:

1º. 100.000 ptas. en metálico, figura de Sargadelos e un lote de libros galegos.

2º. 50.000 ptas en metálico, figura de Sargadelos e un lote de libros galegos.

3º. 25.000 ptas. en metálico, figura de Sargadelos e un lote de libros galegos.

Categoría B:

Premios:

1º. 200.000 ptas. en metálico, figura de Sargadelos e un lote de libros galegos.

2º. 100.000 ptas. en metálico, figura de Sargadelos e un lote de libros galegos.

3º. 50.000 ptas. en metálico, figura de Sargadelos e un lote de libros galegos.

Os traballos premiados poderán ser difundidos pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do xeito que coide máis conveniente.

Así mesmo, entregaráselles a tódolos participantes un diploma que acredite a súa participación neste Certame Galego de Ensaio.

IV. Xurado:

O xurado será nomeado pola directora xeral de Xuventude e polo director xeral de Promoción Cultural, por proposta dos respectivos delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Lugo, e estará composto por persoas cualificadas no ámbito literario, recaendo a secretaría nun funcionario da Delegación Provincial de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo.

A xuízo do xurado, e segundo a calidade das obras presentadas, poderanse deixar desertos algúns premios.

As contías dos premios serán únicas e indivisibles, con independencia de que o traballo premiado sexa efectuado de forma individual ou en grupo.

A decisión do xurado será irrecorrible.

4669