Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.521

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria.

Advertido un erro no devandito decreto, publicado no DOG nº 88, do 11 de maio de 1998, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 4.985, na disposición transitoria primeira, onde di: «... na disposición final segunda...», debe dicir: «... na disposición derradeira segunda...».

-Igualmente, na disposición adicional segunda, onde di: «... Decreto 2263/1974, do 20 de xuño», debe dicir: «... Decreto 2263/1974, do 20 de xullo».

-Na páxina 4.992, no artigo 51 punto 1º apartado d), onde di: «... artigo 74.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia», debe dicir: «... artigo 77.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia».

-Na páxina 4.995, no artigo 67, onde di: «... Nos supostos de infraccións moi graves poderá ser acordado polo Consello da Xunta de Galicia o peche temporal do establecemento, instalación ou servicio polo prazo máximo de cinco anos. En tal caso, será de aplicación o previsto no artigo 57 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, pola que se aproba o Estatuto dos traballadores», debe dicir: «... Nos supostos de infraccións moi graves poderá ser acordado polo Consello da Xunta de Galicia o peche temporal do establecemento, instalación ou servicio polo prazo máximo de cinco anos».

-Advertida omisión do anexo I, do devandito decreto, cómpre publicalo a seguir:

4218