Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.528

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 18 de marzo de 1998 pola que se clasifica como de interese social a Fundación FAXPG.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 69 do 13 de abril de 1998, cómpre efectua-las oportunas correccións:

-Na páxina 3.780, columna segunda, liña 41, onde di: «2. A fundación foi constituída en escritura públi

ca outorgada na Coruña, o día trece de febreiro de 1998, ante o notario do Colexio da Coruña, José Manuel Lois Puente co número catrocentos catro do seu protocolo, por Feliciano Jesús Sola Limia e Antonio José Núñez Gómez, interveñen o primeiro en representación da Federación de Asociacións de Xordos do País Galego e o segundo en nome propio», debe dicir: «A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o día trece de febreiro de 1998, ante o notario do Colexio da Coruña, José Manuel Lois Puente co número catrocentos catro do seu protocolo, por Feliciano Jesús Sola Limia quen intervén en representación da Federación de Asociacións de Xordos do País Galego».

4688