Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 1998 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de maio de 1998, polo que se modifica a relación de postos de traballo dos servicios centrais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

O Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto (BOE nº 235, do 1 de outubro), traspasou á Comunidade Autónoma de Galicia a xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego, no ámbito do traballo, o emprego e a formación; dito real decreto foi posteriormente ampliado e modificado en virtude do Real decreto 232/1998, do 16 de febreiro (BOE nº 54, do 4 de marzo de 1998).

O Decreto 488/1997, do 26 de decembro (DOG nº 12, do 20 de xaneiro de 1998), estableceu a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Todo isto fai necesario proceder á modificación da relación de postos de traballo (R.P.T.) aprobda polo acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de novembro de 1995, así como as súas posteriores modificacións, para adaptala á nova estructura orgánica e ás novas competencias asumidas.

Por todo isto, por proposta da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, oídas as organizacións sindicais presentes na mesa xeral de negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 15 de maio de 1998, adoptou o seguinte,

ACORDO:

1º Modifica-la relación de postos de traballo dos servicios centrais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2º Ordena-la publicación da relación de postos de traballo dos servicios centrais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

3º Clasificar como postos de libre designación os seguintes, con base nas seguintes motivacións:

CódigoDenominaciónMotivación

FA.CO2.00.000.15770.001Secretario/a conselleiro

FA.A01.00.000.15770.001

FA.C02.00.000.15770.005

FA.C03.00.000.15770.001

FA.C04.00.000.15770.001

FA.C05.00.000.15770.001

FA.C06.00.000.15770.001

Secretario/a director xeral

Artigo 6 da Orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 21 de novembro de 1989 (DOG nº 232, do 4 de decembro).

Postos de confianza.

FA.A01.00.000.15770.025

FA.C02.00.001.15770.010

FA.C02.00.001.15770.012

FA.CO2.00.002.15770.008

Sección habilitación

Sección habilitación persoal

Negociado administrativo de habilitación

Sección de administración e habilitación.

Postos de especial responsabilidade polo manexo de fondos públicos.

FA.C02.00.001.15770.025Inspector de centros.Postos de confianza e especial responsabilidade derivada das funcións inspectoras en relación co cumprimento da normativa vixente por parte dos centros prestadores de servicios sociais e as propostas de incoación de expedientes sancionadores.
FA.C05.00.002.15770.011Sección técnica F.O.F.S.E e iniciativas comunitarias.Posto de especial responsabilidade polo manexo de fondos procedentes do Fondo Social Europeo.
FA.C06.00.201.15770.001Director casa de xuventudeArtigo 7.2 b) do III Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG nº 249, do 28 de decembro de 1994).

4º Deixar sen efecto a relación de postos de traballo dos servicios centrais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude aprobada con anterioridade.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 15 de maio de 1998, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique a citada modificación no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1998.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

4151