Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.535

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 02/0004718/1998, interposto pola Asociación Parroquial Macam.

Recibiuse nesta consellería escrito da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente administrativo referido ó recurso contencioso-administrativo número 02/0004718/1998, interposto pola Asociación Parroquial Macam contra resolución da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, do 23 de febreiro de 1998.

Esta secretaría xeral acordou, en cumprimento do disposto no artigo 61 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo solicitado.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 64 da citada lei, modificado pola Lei 10/1992, do

30 de abril, notifícaselles a tódalas persoas interesadas no procedemento e emprázanse para que poidan comparecer en autos ante a referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

4520