A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 8 de agosto de 1997, aprobou o proxecto de 7 RVL 97. Bóveda. E.P. Bóveda a Martín, alargamento e mellora, p.k. 0,665 ó 1,665 e na sesión celebrada o día 28 de xullo de 1997, acordou soli
citar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.
A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable.
Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque as obras de referencia figuran nun programa de cooperación económico local e os terreos se precisan para inicia-las obras dentro dos prazos sinalados pola normativa ó respecto, engadindo que con esta obra se reduce a sinistralidade da circulación viaria.
A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia, segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
Na súa virtude e por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta de abril de mil novecentos noventa e oito,
DISPOÑO:
Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 7 RVL 97. Bóveda. E.P. Bóveda a Martín, alargamento e mellora, p.k. 0,665 ó 1,665.
Santiago de Compostela, trinta de abril de mil novecentos noventa e oito.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Jesús C. Palmou Lorenzo
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
4521