Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores P-175/97 e P-251/97 (pesca fluvial-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan, a resolución dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións

públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que éste fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) Oficina Principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de paga-la contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 13 de abril de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-175/97.

Denunciado: Joaquín Francisco Lema Lorenzo.

Último enderezo coñecido: José Solla nº 137. Arcade (Soutomaior).

Feito denunciado: pescar con cana en tramo coutado sen o correspondente permiso e empregando como engado culleriña. Feitos acontecidos o día 22 de maio de 1997, no río Oitavén, no sitio de Rego do Barco, Concello de Ponte Caldelas.

Precepto infrinxido: artigo 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Precpto sancionador: artigo 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Expediente: P-251/97.

Denunciado: Jesús Fernández Freire.

Último enderezo coñecido: Viso-Saramagoso, 17. Redondela.

Feito denunciado: navegar con pneumáticos inchados entorpecendo a pesca no couto de Soutomaior. Feitos acontecidos o día 15 de agosto de 1997, no río Oitavén, lugar de Aranza, no Concello de Soutomaior.

Precepto infrinxido: artigo 33.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Precepto sancionador: artigo 33.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 5.000 ptas.

4363