Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de avaliación ambiental para o proxecto de ampliación das instalacións de tanques de lixiviados no Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, no concello das Somozas (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de ampliación das instalacións de tanques de lixiviados no Centro de Tratamento de Residuos Sólidos Industriais de Galicia, situado no centro de tratamento de residuos industriais das Somozas, provincia da Coruña.

2. Para os devanditos efectos informativos, poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concello da Coruña.

3. As alegación formularanse durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte día ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1998.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

4064