Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 abril de 1998, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para o servicio de transporte dos equipos médicos do servicio de hospitalización a domicilio (expediente 13/1998), para este complexo hospitalario.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo

7 da orden da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) convoca os seguintes concursos:

Expediente: 13/1998:

1. Obxecto: Servicio de transporte dos equipos médicos do servicio de hospitalización a domicilio.

2. Orzamento: 3.937.500 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1998, puidendo prorrogarse expresamente e dentro dos límites establecidos no artigo 199.1º da LCAP.

4. Admisión de variantes:

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, dos contratos das administracións públicas. (BOE nº 119 do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación:

- Características funcionais do servicio: ata 4 puntos

- Condicións económicas: ata 4 puntos.

- Prestacións e servicios adicionais ós esixidos como mínimos: ata 2 puntos.

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares, e demais documentación complementaria póderase solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións, deberanse presentar en man, no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do estado.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizarada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de

xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas e no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicions terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 15 de abril de 1998.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo

4575